Matemáticas

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O VI Concurso de Fotografía Matemática deixa este curso 2017-18 tres gañadoras.

O 1º premio foi para Tatiana Rial de 2º de ESO:

TÍTULO: LOS PIÑONES DE FIBONACCI

O segundo premio recaeu na alumna de 4º de ESO Jennifer Varela coa fotografía titulada f(x)= SQRT (x-5):

TÍTULO: f(x)= SQRT(X-5)

O terceiro premio foi para Xiana Collazo de 4º de ESO coa fotografía Asimetría de H2O:

TÍTULO: Asimetría de H2O

NORABOA RAPAZAS!!!

Momento en que as tres gañadoras reciben os premios

DÍA DAS MATEMÁTICAS

I CERTAME DE POESÍA MATEMÁTICA DO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

Este curso, o Departamento de matemáticas, quixo conmemorar o Día das Matemáticas realizando unha actividade interdisciplinar: "Poesía Matemática". Consistiu na elaboración por parte do alumnado de Secundaria de poemas con contido matemático dos que algúns  foron seleccionados e lidos para o resto do alumnado.

 

No ano 2000 (Ano Mundial das Matemáticas) foi instituido o día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de España . Esta data foi elixida en honor ao profesor  Pedro Puig Adam, internacionalmente coñecido no campo do ensino das Matemáticas e que tivo entre os seus alumnos ao rei emérito Juan Carlos I , ao seu pai Juan de Borbón e ao seu irmán Alfonso.

As poesías máis destacadas de cada curso foron as seguintes:

1º ESO: Manuel Pimentel, Luis Pérez e Brais Magán

2º ESO: Carolina Calvo, Iván Fuentes

3ºESO: Alejandra Clavo, María Rial, David García e Pablo Pérez

4º ESO: Xiana Collazo e Jennifer Varela

Noraboa a todos pola vosa aportación ao campo da poesía e moitas grazas!

NON PERTENCE A  R

 

A nosa relación

carece de módulo,

dirección ou sentido.

 

Os días xuntos

non pertencen a R,

ó igual que as nosas promesas.

 

Porque aínda que ó unir as coordenadas

dos teus vértices,

as rectas perpendiculares

secantes

e cortantes

dos ángulos do teu nariz;

e dos eixes e parábolas dos teus beizos

aparezan os nosos nomes no ceo…

Coma unha raíz cadrada negativa,

ecuación continua

con cero no denominador:

é EVITABLE.

 

Quero ver un paralelo entre

a nosa infinita descontinuidade

e o noso amor.

Semella unha proporcionalidade indirecta:

cantos máis somos, máis baixa.

 

Oxalá volver ós comezos,

con menos incógnitas,

pero máis dúbidas,

desas simples de resolver de cabeza.

Das de:

dous e dous

son catro e

catro e dous:

seis.

Porque como sigamos así,

non nos vamos querer ver.

(Xiana Collazo 4º ESO)

 

 

Nos enlaces tedes unha mostra das fotos tomadas no momento da lectura e dos poemas seleccionados:

FOTOS

POEMAS

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Durante o curos 2016-17 celebrouse o V concurso de Fotografía Matemática: " MISTERIOSAMENTE MATEMÁTICO".

Noraboa aos gañadores/as!!!!

CANGURO MATEMÁTICO 2018

O día 15 de marzo do 2018 celebramos o con curso Canguro Matemático 2018.... coa participación de 5 alumos:
Pablo de 1°
Erick e Iván Iglesias de 2°
Nerea e Marta de 3°
Ao final... moitas chuches!!

 

Noraboa aos participantes!!

V CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 

 

 

Este curso celebrouse o V Concurso de fotografía matemática tendo como tema central o misterio

Os gañadores foron:

 

 

NORABOA !!!!

1º PREMIO: Esfera luminosa nun universo escuro. María Catoira 4º ESO

 

 

 

 

 2º PREMIO : Lesma desafiando a Newton. Xiana Collazo    


 

            3º PREMIO : O labirinto das esferas. Tatiana Rial 1º ES

AS GAÑADORAS:

 

 

 

 

RESOLVENDO O TEMPO

RELOXO MATEMÁTICO (curso 2016-2017)

 

    Dentro do contexto do proxecto de centro do presente curso académico "O Misterio", dende o Dpto de Matemáticas, animámonos a elaborar un reloxo matemático.

 

    Foi unha actividade de carácter obrigatorio para todo o alumnado de Secundaria na que tratamos de obter cada hora do reloxo cunha expresión matemática recoñecible  cos contidos estudados ao transcorrer os diferentes cursos académicos.

 

    O título do proxecto "Resolvamos o tempo" foi ideado por Adalía(4º ESO), mentras que os números foron por:

 

  • Marcos, Sandro e Brais de 1º ESO

  • Iris, Roberto, Guillermo e Pablo de 2º ESO

  • Yanira, Sergio Feroo e Iván Ojea de 3º ESO

  • Aldara e María Gil de 4º ESO



Moitas grazas a tod@s pola vosa participación

Aquí tedes unha mostra gráfica do proceso de elaboración:

 

 


CANGURO MATEMÁTICO

Os nosos alumnos de 3º ESO : Cristina Torres Vigo e Antón García Lodeiro participaron o pasado 24 de marzo  od 2015 no Canguro Matemático.

Trátase dun concurso de problemas adaptados por niveis no que participa alumnado de toda España.

 

   

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 

ARTE E MATEMÁTICAS: foi o tema elixido para o noso concurso de fotografía matemática deste curso. Participamos os departamentos de Educación Plástica e Visual, de Xeografía e Historia e Matemáticas.

Participou alumnado de toda a ESO.

Queremos felicitarvos pola calidade das fotos , ¡xa sodes uns pequenos artistas !

¡O ano que ven voltamos con máis fotografía!

TRIÁNGULO DE SIERPINSKI :FRACTAIS

 

Un fractal é un obxecto cunha estructura que se repite a diferentes escalas. É dicir, por moito que nos acheguemos ou afastemos del, observaremos sempre a mesma estructura.      De feito, somos incapaces de afirmar a que distancia nos encontramos con exactitude, xa que sempre o veremos da mesma forma.

      O noso triángulo de Sierpinski é un destes fractais podemos observarNas distintas como se foron realizando as diferentes iteracións .

1º paso con 3 latas

2º paso con 3 grupos de 3 latas, 9 latas en total

3º paso con 3 grupos de 9 latas, 27 latas en total

4º paso con 3 grupos de 27 latas, 81 latas en total

         5º paso con 3 grupos de 81 latas, 243 latas en total

 

 Foi elaborado polo alumnado de 3º ESO, coa axuda dalgúns outros compañeiros e compañeiras para a colocación, por falta de tempo. ¡ Foi divertido!

 Desde este departamento queremos agradecer a axuda da nosa compañeira de Tecnoloxía Ana, posto que sen ela, toda esta infraestructura non sería posible. 

 

      

 

       

    

   

BANDA DE MOEBIUS: CANTO XOGO DÁ UNHA SOA CARA¡

 

Dentro do proxecto Ecoescola, empregamos bolsas de plástico para a súa construción cos alumnos de 3º ESO.

Trátase dun dos obxectos matemáticos máis famosos dentro e fóra da propia matemática empregado en obras de arte, arquitectura e incluso no deseño de mobiliario. As súas principais características son

  • Ten una soa cara ( se tratas de camiñar por enriba dela percorrela toda, voltas á posición de partida)
  • Ten un só borde (podes comprobalo: ao percorrelo sempre chegas ao punto de partida)
  • É una superficie non orientable

 

 

     

   

   

   

 

    

 Este departamento quere agradeceren especial o traballo (moitísimo) de  Ana do departamento de Tecnoloxía que nos permitiu levar a cabo este proxecto , por cedernos o taller, as ferramentas e aportar moitísimas ideas. ¡¡¡Foi un pracer esta colaboración!!!

Powered by Drupal - Design by artinet