Este ano o concurso de fotografía matemática foi de temática libre, é por iso que temos moitas fotos en diferentes contextos . Recordade que premiamos tanto os contidos matemáticos coma a orixinalidade das fotografías, e que sempre intentamos que as fotos gañadoras respondan únicamente á vosa propia imaxinación e que son fundamentais os títulos e a súa relación coas Matemáticas.
Noraboa ás persoas premiadas e xa sabedes…o próximo curso máis!
1º PREMIO
Ceo nocturno, 2D e 3D MARÍA RODRÍGUEZ 2º B
2º PREMIO
Perspectiva piesférica TATIANA RIAL 4º ESO
3º PREMIO
Ladrillo 3D XIAN RIAL 1º ESO