CÚPULAS AUTOPORTANTES DE LEONARDO DA VINCI
O alumnado de 4º ESO estivo montando diferentes cúpulas autoportantes, é dicir, estructuras que se manteñen unidas e en pé grazas ao seu propio peso e á acción da gravidade. Os elementos que as compoñen están apoiados entre si.
Estas cúpulas, están baseadas no deseño inicial do xenio do renacemento Leonardo da Vinci e están recollidas no seu Codex.
O Códice Leicester, tamén coñecido como Códice Hammer, é unha compilación de textos e debuxos realizados por Leonardo Da Vinci e recopilados entre 1508 e 1510.
As pezas para realizar as cúpulas son todas iguais e corresponden á seguinte figura:
Aínda que a xeometría é a base da actividade, manexando este material realizamos unha aprendizaxe transversal en diferentes ámbitos que abranguen matemáticas, historia, arte, arquitectura ou tecnoloxía.
Despois tocoulle a quenda ao alumnado de 2º e 3º de ESO...coa axuda dos seus compañeiros de 4º..