Libros de texto

LISTAXES AXUDAS E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023-2024

O venres 7 de xullo publicaremos, na cristaleira interior do centro, as listaxes provisionais de alumnos/as que teñen dereito ás axudas para adquirir libros de texto e material escolar (1º e 2º Primaria) e os admitidos no fondo de libros (3º a 6º de primaria e 1º a 4º da ESO). As reclamacións a estas listaxes poderán facelas nos dous días hábiles seguintes á publicación é dicir, o 10 e 11 de xullo, despois deses días non se atenderá ningunha reclamación.
 
Deberán achegarse ao centro para consultar as listaxes, nelas figura o/a  alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo e no caso de 1º e 2º de primaria as axudas que recibirá. Os vales de material para todos os cursos entregaranse neses días. Os que non sexan recollidos entregaranse en setembro.
 
As listaxes definitivas cos libros que recibirá cada alumno/a publicaranse o mércores día 12 de xullo.
 
O horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.

Lembren que este curso, por mor das obras, o centro só permanecerá aberto ata o día 21 de xullo, este incluído.

LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 23-24

Nos enlaces terán acceso ás listaxes dos libros de texto para o curso 2023-2024:

PRIMARIA

SECUNDARIA

CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024.
 
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
 
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf
 
Con respecto ao fondo solidario, haberá cambio de libros en 4º e 6º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria. No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/2023.
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
 
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
 
Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois deste día será excluída.
 
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00
 
 
 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2022-2023

O xoves 7 de xullo publicaremos, na cristaleira interior do centro, as listaxes de alumnos/as que teñen dereito ás axudas para adquirir libros de texto e material escolar (1º e 2º Primaria) e os admitidos no fondo de libros (3º a 6º de primaria e 1º a 4º da ESO). As reclamacións a estas listaxes poderán facelas nos dous días seguintes á publicación é dicir, o 8 e 11 de xullo, despois deses días non se admitirán reclamacións. Deberán achegarse ao centro para consultar as listaxes, nelas figura o/a  alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo e no caso de 1º e 2º de primaria as axudas que recibirá. Os vales de material para todos os cursos entregaranse neses días. Os que non sexan recollidos entregaranse en setembro.
 
As listaxes definitivas cos libros que recibirá cada alumno/a publicarase o martes día 12.
 
O horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.

LIBROS DE TEXTO 22-23

Nos enlaces poden acceder ás listaxes dos libros de etxto para op curso 22-23:

LIBROS DE TEXTO PRIMARIA

LIBROS DE TEXTO ESO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023.


 
Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
 
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.pdf
 
Segundo indica a norma, non haberá cambio de libros en 4º e 6º de educación primaria nin tampouco e 2º e 4º de educación secundaria. Si haberá cambio de libros en 3º e 5º de primaria e tamén en 1º e 3º de ESO.
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
 
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño de 2022 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois deste día será excluída.
 
É recomendable o uso de mascarilla no interior do centro educativo no caso de ter que acceder ao mesmo para xestións administrativas ou de calquera outra índole.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 21-22

As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros para 3º,4º,5º e 6º de primaria e para a ESO publicaranse o día 7 de xullo.

As reclamacións a estas listaxes poderán facelas os días 7,8 e 9 de xullo.  Nestas listaxes provisionais figura o nome do/a alumno/a que solicitou participar en dito fondo co número de libros que lle corresponden en empréstito.

Nas listaxes definitivas figurará, para  cada alumno/a, a relación de libros que se lle emprestará. IMPORTANTE: AS LISTAXES DEFINITIVAS PARA O ALUMNADO DE ESO NON SERÁN PUBLICADAS ATA SETEMBRO.

CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR:

Para comprobar se lles foi concedido o vale de material escolar, deberán achegarse ao centro e, no caso de telo adxudicado, poderán recollelo nese momento.

1º e 2º DE PRIMARIA:

As familias do alumnado de 1º e 2º de primaria deberán pasar polo centro para comprobar se lles foron concedidos os vales de  material escolar e /ou de libros de texto e, , no caso de telo/s adxudicado/s, poderán recollelo/s nese momento.

 

 

LIBROS DE TEXTO FINAL DE CURSO E ENVÍO DE NOTAS

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO:

Todo o alumnado que aprobe todas as materias en xuño deberá devolver os libros de texto de empréstito antes do día 22. Aquel alumnado de ESO que suspenda unha ou máis materias e teña que presentarse aos exames de setembro, non devolverá nengún libro en xuño. Deberá devolver o lote completo en setembro.
Os lotes de libros deberán ser entregados nunha bolsa /paquete que leve unha etiqueta na que figure o nome e apelidos e curso do alumno/a correspondente e cunha relación ( listaxe) de libros devoltos.
Tamén deberán ser devoltos  os libros e/ou materiais da biblioteca.

ENVÍO DE NOTAS:

As notas serán enviadas por Abalar o día 22 de xuño para primaria ( periodo de reclamacións 23, 24 e 25 de xuño) e o día 24 de xuño para secundaria ( periodo de reclamacións 25, 28 e 29 de xuño).
As familias recibirán o consello orientador ( daquel alumnado da ESO que aprobe todo en xuño) vía correo electrónico.

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 21-22

Publicada a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-070521-0001_gl.pdf


Segundo se indica na norma, manteranse para o vindeiro curso os libros de texto do curso 2020/2021, é dicir, non haberá cambio de libros nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria nin tampouco nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria.
 
Para evitar desprazamentos e riscos innecesarios seguiremos empregando o teléfono e o correo electrónico como forma de contacto entre o persoal do centro e as familias.
 
ALUMNADO DO CENTRO
 Enviaremos por correo electrónico as instruccións precisas de cómo se vai xestionar este trámite así como o trámite da matrícula e os prazos e a documentación a cubrir.

 ALUMNADO DO CRA DE DODRO QUE RESERVOU PRAZA EN 1º DE PRIMARIA.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de axuda para a compra de libros e material escolar.

ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS DE FÓRA DO CONCELLO QUE SOLICITOU ADMISIÓN NO CPI.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de préstamo de libros e axuda para compra de material escolar.

Powered by Drupal - Design by artinet