CURSO 20-21: Persensamos Dodro

PERSENSAMOS DODRO

O curso 20-21 foi un curso inusual. A celebración do día de portas abertas non puido ser levada a cabo por mor da pandemia co que elaboramos unha páxina web exclusiva para recoller o que teriamos presentado na nosa exposición se este tivera sido un ano "normal".

ENLACE Á WEB PROXECTO DE CENTRO

 

 

DESPEDIDA DO CURSO 20-21

Este curso non puido ser feita doutro xeito....tras uns meses moi estresantes e difíciles, por fin rematamos o curso e despedimos ao alumnado de 4º de ESO tras unha longa andaina de dez anos. Foi unha despedida con emocións encontradas: ledicia por ver como avanzan e progresan  cara o seu futuro e mágoa por ter que velos marchar.

O resto do alumnado do centro quixo aplaudir a súa traxectoria escolar no noso centro e agasallalos cuns humildes presentes.

 

BOA SORTE NO FUTURO !!!!!

GALERÍA DE FOTOS

Tamén despedimos ao profe de música de EP , José, e a Elva , profe de PT de primaria que rematan tamén a súa andaina persoal no mundo da docencia. NORABOA a ambos!!!.

GALERÍA DE FOTOS

 

BOTELLAS DA CALMA

O alumnado de 4º de primaria realizou un orixinal  proxecto ao que lle puxo por título " Botellas da calma".

A mestra trouxo os materiais necesarios para facelas e cada alumno/a aportou unha botella de plástico. A teacher Merche tamén botou unha man quentando auga necesaria para o proceso creativo. Unha vez rematadas, a profe Marga, selou a tapa de cada botella con silicona para que non se baleirasen no bus......o resultado: magnífico!!

 


 

 

 

 GALERÍA DE FOTOS

ADECENTAMOS O CORREDOR DA ESO

Como parte do proxecto de tecnoloxía e para acadar un ambiente emocionalmente máis agradable, o alumnado de 3º de ESO pintou tramos das paredes e resituou os corchos no corredor central do edificio de aulas de secundaria. Fixeron un moi bo traballo a pesares da calor que sufrimos estes días nesta parte da edificación.

Grazas rapaces e rapazas!!!.

 

GAÑAMOS O OLLOBOI VIDEOCLIP!!!

 

Pois non, non nos foi mal....

Nesta nova edición dos premios Olloboi, o alumnado de 3º e 4º de ESO do noso centro acadou o premio ao mellor Videoclip pola creación dun magnífico traballo que, coma sempre, ten por temática a do proxecto anual de centro que este curso tratou o tema das emocións e que leva por título " Persensamos Dodro". Noraboa a alumnado, profesorado e familias implicados!!!

 

ENLACE AO VÍDEO

ENLACE ÁS FOTOS DO CERTAME

EMOTIONS

What makes you feel happy, sad, angry, scared, surprised or disgusted?


Os nen@s de Dodro reflexionamos en inglés sobre as nosas emocións. Compartimos cos demais que nos fai sentirnos dunha maneira determinada e como reaccionamos ante esa emoción.

Os máis pequechiñ@s falaron da alegría ( happiness) e a tristeza ( sadness) e deixaron plasmadas as súas ideas en fermosos pósters onde aparecían fotos súas, debuxos, ilustracións,...

O mesmo fixeron os/as de 3° a propósito da ira (anger) e os de 4° falando do medo ( fear)..


Aos/ás maiores tocáronlles emocións complicadas: a sorpresa (surprise) a 5° e o asco ( disgust) a 6°.

 

 


As exposicións orais de tod@s resultaron moi enriquecedoras para cada grupo e serviu para coñecernos máis, a nós mesm@s e aos demais.

 

EXPERIMENTOS EN 4º DE PRIMARIA

Ao longo do terceiro trimestre, os alumn@s de 4º de Primaria realizamos experimentos relacionados coas plantas, con mesturas e disolucións , coa electricidade, coas máquinas. Todo forma parte do temario que estamos estudando. Paralelamente tamén traballamos as emocións, tema do noso proxecto de centro: fundamentalmente a alegría  e a sorpresa; aínda que tamén co medo.

O ovo saltarín:

Xuntos pero non revoltos:

Extraer clorofila das follas verdes:

Test da tinta negra:

Limonada electrónica:

Rosa tinguida:

 

Disolución colorante:

Colonia de camelias e de rosas :

 

GALERÍA DE FOTOS DE TOOODOS OS EXPERIMENTOS!!

6º SENSIBILIZADO COS REFUXIADOS

O alummnado de 6º está a elaborar un proxecto sobre a orixe das persoas refuxiadas e co que están a traballar as diferentes emocións. Crean vídeos dos que podemos ver algúns exemplos:

ENLACE AOS VÍDEOS

En breve iremos publicando novos vídeos!!!. Permanecede atent@s.

ACHEGANDO AS MATES Á VIDA REAL

Finalizada a unidade didáctica de medidas de lonxitude e a de  medidas de capaciddae e volume, o alumnado de 4º de primaria realizou un mural coas medidas reais dos obxectos expostos nel .

Aquí temos unha mostra...


Máis fotos dos murais na...GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

 

 

 

VISITA DOS MÁIS PEQUECHOS AO TALLER

O alumnado de 1º de primaria visitou hoxe o taller de Tecnoloxía. Sairon a flote moitas emocións como a alegría e a sorpresa, houbo incluso algo de medo cando puxemos a funcionar a serra caladora.

Fixeron moitas preguntas e unha pequena práctica coa serra de marquetería....xa lle van dando xeito!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet