Animación á lectura

NOVIDADES DE LECTURAS PARA O VERÁN

 

A editorial Kalandraka ofrece  novos títulos para o verán:

ENLACE Á PÁXINA

ENLACE Á PÁXINA

Tamén ofrece acceso á canle de televisión dixital KALANDRAKA.TV:

https://kalandraka.tv/gl/

E LEMBRADE, SE VÓS LEDES, ELES LEN!

VELORIO NA BIBLIOTECA

 
 
 
 
 
 
 
 
 

O 22 de xuño na Biblioteca do Eusebio asistimos a un paradóxico evento: "oficiamos", simultaneamente, un enterro e un bautizo. Dous por un!
Así, celebramos o nacemento do "Club de Lectura para Xente Adulta" (temos que lle pensar un nome bonito, así e todo) e inaugurámolo coa obra "Diario dun enterro" do rianxeiro Gonzalo Hermo. E fixémoslle un velorio ao morto ao xeito tradicional, no "salón" da nosa casa; e publicámoslle a esquela en castelán, como xente fina que somos; e petiscamos lambonadas varias en homenaxe ao defunto... Pero sobre todo, compartimos  identificación nas vivencias e sensacións do protagonista, que bate de fronte no tanatorio cunha realidade familiar e veciñal que deixara e, en boa medida, da que fuxira tempo atrás. Un protagonista que asiste ao estrañamento de se sentir na casa e ao mesmo tempo moi lonxe dela. Reflexionamos tamén sobre o absurdo de moitas das convencións sociais, especialmente as que teñen que ver cos funerais; falamos sobre a precariedade da vida da xente nova preparada (de feito queda en suspenso o futuro laboral do protagonista)... E compartimos, con moito sentido do humor, as nosas propias experiencias de "velorio e tanatorio" (algunha delas daba para unha boa novela!)
En definitiva, celebramos a vida. Tal e como di o Gonzalo Hermo poeta:
 
"É sempre a mesma historia: dar conta do que somos
mentres estamos cambiando.
Pero o noso corazón borrará a nosa culpa.
Que a vida nos sorprenda

no seu despregar

GALERÍA DE FOTOS

 

LECTURAS PARA O VERÁN

O equipo de dinamización da biblioteca expoñerá durante a xornada de portas abertas do día 21 de xuño, unha serie de títulos recomendados para o verán. Podedes collelos emprestados ese mesmo día. Animádevos a ler estas vacacións!!!.

 

 

LECTURA E FAMILIAS: OBRADOIRO CON ARENARIA

A Biblioteca Anxo Angueira do nonso centro, dentro do Proxecto "lecturas e familias", organizou un  obradoiro para a animación á lectura de divulgación científica con Arenaria.
Agradecementos a todas as familias e a María Calvo que, coma sempre, mostrounos de xeito estupendamente divertido lecturas, bichos dos mar, curiosidades, experimentos, ...
Unha estupenda tarde de venres que se alargou, e por algo sería!!

LECTURA E FAMILIAS: LEN AO ALUMNADO

 

Agradecementos a Virginia que se achegou ao noso novo "recuncho de acougo e canto" a ler á rapazada de 3º curso de Primaria un marabilloso contiño: "Yo voy conmigo"

Quedámonos co título. Encantounos.
 GRAZAS VIRGINIA!!!
 

LECTURA E FAMILIAS

Dentro do programa "lecturas e familias", a biblioteca do cole,  oferta este obradoiro para toda a familia para a promoción das lecturas científicas: Lemos, tocamos, observamos, experimentamos!:

 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Parece que o Club de Lectura de Adultos  está a dar os seus froitos. Varias familias xa se animaron coa primeira obra e as opinións son moi favorables.

Esperamos ir animando a máis familias!!!.

Máis información no noso Facebook.

 

ANIMACIÓN Á LECTURA COAS FAMILIAS

 
 
 
Desde as titorías e a biblioteca escolar queremos convidarvos a visitar a aula das vosos fillos e as vosas fillas para lerlles un contiño, uns poemas, ... o que queirades! 
Se fai bo tempo, poderemos ler no recunchiño que estamos a preparar no xardín.
Podedes traer algo da casa ou escoller na biblioteca (teremos cousiñas seleccionadas para axudarvos, se o precisades)
 
ANIMÁDEVOS A VIR AO COLE!
AO ALUMNADO FARALLE MOITA ILUSIÓN!
DESFRUTAREMOS DUN MOMENTO DIFERENTE COA RAPAZADA!
 
Para organizar a visita (que día/hora preferides) chamade ou enviade un whatsapp ao 616930839. María J. Morlán. Coordinadora de biblio.

 

OBRADORIO LECTURA E FAMILIAS CON PABLO OTERO

 

Este sábado, as familias de do alumnado do noso centro e as do CRA desfrutaron da visita de Pablo Otero, na nosa biblioteca, gracias ao programa "Lecturas e familias" de Bibliotecas Escolares. 

Pablo explicounos que é un libro-obxecto, mostrounos algunhas cousiñas feitas por el, coas "ferramentas top e superavanzadas": perforador, pistola de silicona, cola de secado lento, medio e rápido, .... ", reutilizamos vellos materiais, e os que o alumnado de 1º ESO recolleu na natureza, e a rapazada e as nais puxéronse mans á obra e lograron estupendas producións que contan as cousas que lles gustan, as viaxes que lembran, as inquedanzas que teñen, ... 

Agradecer ao  C. R. A. , Biblioteca Municipal e Concello a colaboración na difusión do obradoiro.
Agradecer a Pablo Otero a fantástica mañàn que pasamos.
 
 


CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 

O noso equipo de Dinamización da Biblioteca anima a todas as familias e achegados ao centro a participar no Club de Lectura para Adultos creado este curso.

Esta é a proposta.

ANIMÁDEVOS!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet