Animación á lectura

LECTURA E FAMILIAS: OBRADOIRO CON ARENARIA

A Biblioteca Anxo Angueira do nonso centro, dentro do Proxecto "lecturas e familias", organizou un  obradoiro para a animación á lectura de divulgación científica con Arenaria.
Agradecementos a todas as familias e a María Calvo que, coma sempre, mostrounos de xeito estupendamente divertido lecturas, bichos dos mar, curiosidades, experimentos, ...
Unha estupenda tarde de venres que se alargou, e por algo sería!!

LECTURA E FAMILIAS: LEN AO ALUMNADO

 

Agradecementos a Virginia que se achegou ao noso novo "recuncho de acougo e canto" a ler á rapazada de 3º curso de Primaria un marabilloso contiño: "Yo voy conmigo"

Quedámonos co título. Encantounos.
 GRAZAS VIRGINIA!!!
 

LECTURA E FAMILIAS

Dentro do programa "lecturas e familias", a biblioteca do cole,  oferta este obradoiro para toda a familia para a promoción das lecturas científicas: Lemos, tocamos, observamos, experimentamos!:

 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Parece que o Club de Lectura de Adultos  está a dar os seus froitos. Varias familias xa se animaron coa primeira obra e as opinións son moi favorables.

Esperamos ir animando a máis familias!!!.

Máis información no noso Facebook.

 

ANIMACIÓN Á LECTURA COAS FAMILIAS

 
 
 
Desde as titorías e a biblioteca escolar queremos convidarvos a visitar a aula das vosos fillos e as vosas fillas para lerlles un contiño, uns poemas, ... o que queirades! 
Se fai bo tempo, poderemos ler no recunchiño que estamos a preparar no xardín.
Podedes traer algo da casa ou escoller na biblioteca (teremos cousiñas seleccionadas para axudarvos, se o precisades)
 
ANIMÁDEVOS A VIR AO COLE!
AO ALUMNADO FARALLE MOITA ILUSIÓN!
DESFRUTAREMOS DUN MOMENTO DIFERENTE COA RAPAZADA!
 
Para organizar a visita (que día/hora preferides) chamade ou enviade un whatsapp ao 616930839. María J. Morlán. Coordinadora de biblio.

 

OBRADORIO LECTURA E FAMILIAS CON PABLO OTERO

 

Este sábado, as familias de do alumnado do noso centro e as do CRA desfrutaron da visita de Pablo Otero, na nosa biblioteca, gracias ao programa "Lecturas e familias" de Bibliotecas Escolares. 

Pablo explicounos que é un libro-obxecto, mostrounos algunhas cousiñas feitas por el, coas "ferramentas top e superavanzadas": perforador, pistola de silicona, cola de secado lento, medio e rápido, .... ", reutilizamos vellos materiais, e os que o alumnado de 1º ESO recolleu na natureza, e a rapazada e as nais puxéronse mans á obra e lograron estupendas producións que contan as cousas que lles gustan, as viaxes que lembran, as inquedanzas que teñen, ... 

Agradecer ao  C. R. A. , Biblioteca Municipal e Concello a colaboración na difusión do obradoiro.
Agradecer a Pablo Otero a fantástica mañàn que pasamos.
 
 


CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 

O noso equipo de Dinamización da Biblioteca anima a todas as familias e achegados ao centro a participar no Club de Lectura para Adultos creado este curso.

Esta é a proposta.

ANIMÁDEVOS!!!!

 

OBRADOIRO PABLO OTERO

 

Animádevos a vir! Obradoiro con Pablo Otero, pintor, ilustrador e escritor, para todas e para todas, vinde cos nenos ou que veñan con un amigo ou amiga se son da ESO .. ESTE SÁBADO 28 DE XUÑO POLA MAÑÁ!

 

ACTUALIZAMOS AS BIBLIOTECAS DE AULA

O equipo de Dinamización da biblioteca fai suxestións de lecturas para as aulas de primaria e secundaria para animar ao alumnado a seguir lendo.





NA BIBLIO CON PACO NOGUEIRAS

Hoxe, grazas a Kalandraka Editora, recibimos a agradable e divertida visita de Paco Nogueiras. O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria desfrutou dunha "festa" rachada.......

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEO

ENLACE Á PUBLICACIÓN NO NOSO FACEBOOK

Powered by Drupal - Design by artinet