Excelencia 22-23

ALUMNADO DE 4º CO CENTRO DE DÍA

 

Dentro do programa CPInnova de Contratos Programa, o alumnado de 4º de ESO está a elaborar unha serie de útiles para os usuarios do Centro de Día  do concello de Dodro. Trátase de elementos como soportes para os bastóns, atrís para libros, aumentadores do mango dos cubertos de cociña, dado grande, calendario de orientación e outros relacionados coas actividades de ocio dos maiores.

Iremos actualizando a medida que vaiamos construíndo...


4º ESO EXCELENCIA

Este curso participamos en Contratos Programa de novo coa actuación, entre outras, de Eduexcelencia.

O alumnado de 4º de ESO colocou estanterías para a biblioteca de pais e nais. 

Esperamos que con esta pequena reforma as familias teñan a oportunidade de levar libros de empréstito e fomentar a lectura entre a  comunidade educativa.

 

GALERÍA DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet