Día da ciencia en galego nas bibliotecas escolares

No mes de novembro celebramos "o día da ciencia en galego nas bibliotecas", e para celebralo queremos convidaros a colaborar na elaboración do libro "cientific@s do concello de Dodro", un libro que estará cheo de dodrenses, científicos e científicas, dos que vós e/ou os vosos nenos nos contaredes.
As bibliotecas escolares, este curso, invitan a escribir, polo que vos pedimos que investiguedes  e redactedes coas nenas e nenos máis pequenos, e que animedes e acompañedes aos maiores na elaboración da actividade que vos propoñemos.
 
 
 AQUí tedes o enlace á presentación da actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet