En 3º somos polifacéticos, un día nutricionistas e ao día seguinte comerciais!
Neste caso, promocionamos as Illas Cies, patrimonio natural da nosa Galicia, botádelle un ollo aos anuncios!
En 3º somos polifacéticos, un día nutricionistas e ao día seguinte comerciais!
Neste caso, promocionamos as Illas Cies, patrimonio natural da nosa Galicia, botádelle un ollo aos anuncios!
As nenas e nenos de 3º EP traballamos a alimentación e fixemos un menú diario!
Estamos en proceso de amizade coa verdura… Mentres, aquí algunhas fotos!
CHEGA O ENTROIDO AO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN!!!
As nenas e nenos de 4º estabamos esperando con ilusión a festa das máscaras, e non faltamos á nosa cita cos "Mandatos do Meco".
Pero para o venres de entroido deixamos o mellor....Pronto volo ensinaremos!
Seguimos viaxando con Phileas Fogg e , aínda que rapidamente, fixemos parada en dous lugares interesantes.
1. PARÍS. Neste caso fomos nós os encargados de buscar información sobre esta cidade e compartila cos nosos compañeiros, e atopamos cousas tan interesantes como cómics de Tintín ou Astérix e Obélix ou as Catacumbas de París...Que medo!
2. SUEZ (EXIPTO). Logo de recordar o que xa coñeciamos deste país e descubrir algunha cousa nova, decidimos escribir mensaxes secretas en escritura xeroglífica. Sodes capaz de lelas?
E sen perder un minuto, volvemos a subirnos no barco de vapor cara o noso seguinte destino.
Vémonos na India!
Os alumnos e alumnas de Valores Sociais e Cívicos escollemos esta historia popular de guerra para recordar a todo o mundo a dor que viven as persoas que se ven, queiran ou non, no medio dunha, e tamén as súas familias.
O noso maior desexo é que todos poidamos vivir en PAZ.
Esperamos que vos guste!
https://www.youtube.com/watch?v=JcMHIsyh5co
FELIZ DÍA DA PAZ 2016!
Phileas Fogg lévanos a coñecer a cidade na que vive: Londres (Reino Unido).
Xa que andabamos por alí, aproveitamos para facer un pouco de turismo e coñecer algunhas cousas da súa cultura:
Foi unha viaxe agotadora! Pero non podemos perder tempo ningún! A volta ao mundo comeza xa e temos que dirixirnos ao noso seguinte destino.
Vémonos na próxima parada.
GOOD BYE, FRIENDS!!
Os alumnos e alumnas de 4º comezamos unha viaxe arredor do mundo, acompañados de Phileas Fogg e do libro de Xulio Verne "A volta ao mundo en 80 días", do que o noso amigo Fogg é o protagonista.
E como en calquera viaxe, o primeiro paso foi facer un pasaporte. Non queremos ter problemas coa lei!
E unha vez que xa temos todo...COMEZAMOS A VIAXE!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |