Pouco a pouco, ímoslle dicindo adeus á materia... finalizamos o último experimento!
De aquí seguro que sairá algún especialista en ciencias!
Pouco a pouco, ímoslle dicindo adeus á materia... finalizamos o último experimento!
De aquí seguro que sairá algún especialista en ciencias!
Ademais do xogo "memory de multiplicacións", esta semana probamos o "dado das operacións".
Xogamos en parellas, cada persoa ten números do 1 ao 10. Lanzamos os dous dados e facemos operacións cos dous números que saian (suma, resta, multiplicación ou división). O resultado debe ser algún dos números que hai na mesa.
GAÑA O PRIMEIRO QUE SAQUE TODOS OS NÚMEROS!
Ola a todas e a todos!
Para poñer o punto final ao universo de CCSS fixemos un volcán e un mundo! E como o fixemos? Usamos a aplicación Quiver (dispoñible en google play) que nos permite pasar de un debuxo en 2D a un obxecto en 3D...
Primeiro coloreamos as fichas (pódense descargar na súa páxina web, hai unhas gratuítas e outras de pago), despois abrimos a aplicación nunha tablet ou móbil e enfocamos o noso debuxo. Mirade mirade!
Que é arte? Que non é arte?
En plástica falamos de diferentes tipos de debuxo: ilustración, debuxo artístico, graffiti... e este último pareceunos moi curioso e chamativo!
Así, aprendemos a diferenciar arte de vandalismo. A arte suma, o vandalismo resta. Puxemos como exemplo os actos vandálicos que vimos na saída ás Brañas de Laíño: os carteis todos pintados, rotos... Ante todo, respecto!
Xa somos oficialmente CIENTÍFICOS e CIENTÍFICAS.
Hoxe fixemos un experimento sobre as mesturas homoxéneas e as cores, mesturando contidos de plástica, CCNN e Matemáticas! Ademais, cada grupo ten o seu caderno de experimentos onde vai apuntando o tema, materiais, hipótese, pasos, conclusións...
Sen máis espera, aquí fotos!
O alumnado de 3º lemos en Lingua Castelá un pequeno conto sobre a desaparición dun neno que foi de excursión... por sorte atopouse coa policía e entre todos localizaron aos seus compañeir@s!
E que fixemos nós? Poñernos en parellas e denunciar a "desaparición" da nosa parella. Así descubrimos que a labor que fai a policía é moi complexa, digna de respecto!
Como xa vos comentamos en anteriores posts, no segundo trimestre os nenos e nenas de valores fixemos un debate! O tema era:
DEBEN OS NENOS E NENAS USAR O MÓBIL?
O debate durou 20 minutos! Para ser a primeira vez fixémolo bastante ben
Podedes escoitarnos na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1ETyGLNJ090PyBDv3yNfe-ZvVy7Jzqd9O/view?usp=sharing
Alá vai... outro trimestre no saco! Esta semana foi moi diverrrtiiida, tivemos xogo libre en EF, fixemos un experimento (e faremos máis en CCNN, o tema préstase!), fomos de excursión polas Brañas... e hoxe tivemos recunchos!
A mestra Cris tróuxonos uns xogos especiais... o dominó e a construcción magnética. Encantounos! Tamén tivemos o recuncho da lectura doble e o xogo "de gota a gota". Aquí algunhas das fotos.
En 3º fixemos unha actividade mesturando educación plástica e educación física!
Coa mestra Jose bailamos ao son da música, expresando as emocións que nos provocaba. Coa mestra Cris aplicamos a técnica do debuxo para facer os animais que saían na canción.
Se queredes ver o vídeo teredes que esperar ata fin de curso, que é cando se publicarán algunhas das cousiñas que fixemos no cole... pero deixámosvos foto!
Moito nos gusta ciencias da natureza!
Desta vez, Mario e a súa familia foron de paseo e aproveitaron para ir collendo plantas e así facer unha guía!
Moitas grazas por ensinárnolo!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |