Segundo ciclo

Seguimos coñecendo artistas!

Neste caso vimos algunhas das obras máis importantes de Picasso e Maruja Mallo. 

Agardamos que vos guste!

UN XOGO DE ANIMAIS CON MOITO ESTILO!

Boas a todas e a todos! 

Hoxe, Lara, a nosa compañeira, trouxo un xogo moi bonito para traballar os animais vertebrados e invertebrados! 

Contounos que o fixo coa súa familia, reutilizando cachiños de papel e cartolina que tiñan pola casa.  Quedou estupendo, moitas grazas! Risa

 

O debate está na mesa!

Estas semanas metémonos de cheo nun debate á orde do día...

DEBEN OS NENOS E NENAS PASAR TEMPO CO MÓVIL? 

 

Para facer o debate dividímonos en dous grupos: un a favor do seu uso e outro en contra do seu uso. Agora estamos facendo os argumentos en base a información que nos facilitou a mestra Cris. Nas próximas semanas faremos o debate in situ. 

 

Só esperamos que non voen cadeiras... Guiño

 

 

 

 

 

E ARTISTAS TAMÉN!

Estamos dando pinceladas ás obras de Van Gogh, Paul Klee, Picasso ou Maruja Mallo.

Hoxe tocou a fermosa "Noite estrelada" de Van Gogh!

CARTELISTAS

En 3º deseñamos os carteis das próximas películas...as máis "taquilleras" de toda Europa!

(Calquera similitude con outra película xa existente é pura coincidencia Guay

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2021

O entroido non sería entroido sen as fotos de rigor...

Animámosvos a que lle botedes un ollo a todas as fotos, que están na páxina inicial do cole!

 

Foto de grupo (mestra incluída)!

 

 

 

XUÍZAS E XUÍCES.

Así é! Non hai mellor forma de comezar a dividir que falar sobre a XUSTIZA.

En 3º somo xuíces e xuízas. O noso cometido consiste en repartir o diñeiro en partes e asegurarnos de que todas as persoas leven a mesma cantidade de diñeiro. 

 

 

Iso si... se sobra algo... para a saca! 

 

 

 

ENTROIDO 2021

Sabedes que? No cole temos a sorte de coñecer a unha mestra que é de Xinzo de Limia, un dos lugares máis populares se falamos do entroido. 

Este mércores veu vestida cun traxe típico, chamado pantalla. Moitas grazas Patri! 

A algúns asustounos e todo...

 

 

COMO MEDRAMOS!

En 3º cada día medramos un pouco máis, dentro de nada seremos tan altos/as coma  a mestra Cris (que non é moi difícil). 

A parte de nós, hai algo na aula que tamén dou un estirón... as lentellas!!

 

AVECÍÑASE O CAMBIO...

Escóitase ruído.... óense murmurios... algo pasa en 3º....

A REVOLUSIÓN DAS ELESIÓNS!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet