Segundo ciclo

SEGUIMOS CON CCNN

Recordades as lentellas que plantamos o 13 de xaneiro do 2021? 

Pooois mañá farán 13 días, mirade que bonitas! Aproveitaremos para cubrir de novo un rexistro de observación, como bos científicos que somos!

BOTÁNICOS POR UN DÍA: PARTES DUNHA FLOR!

Ui ui uii, queredes saber que estamos facendo? 

Sii, en 3º aproveitamos para disecar unha flor. 

A palabra disecar ten dous significados, una deles é o de abrir un animal ou planta para separar as súas partes e analizalas.  

 

A parella formada por Narciso e Mario demostrou unha habilidade sorprendente para disecar a flor, noraboa, aquí foto: 

 

 

AS PARELLAS MULTIPLICADORAS!

Boas a todas/os,

As mates non son aburridas e temos a proba! As táboas de multiplicar úsanse moito no día a día, iso si, pode ser un pouco latoso aprendelas de memoria. 

Así é que fixemos un xogo de parellas para facer da aprendizaxe un proceso máis divertido.

Fotos, fotos!

 

 

A XERMINACIÓN DE 3º

Así é, despois das vacacións en CCNN comezamos a traballar os seres vivos. Apostamos por ver a evolución dunha planta dende o principio. 

E que planta escollemos? A lentella! 

Dividímonos en catro equipos, cada un ten o seu bote, aquí os nomes: Los Chupipandi, Los Cultivadores, Los Lobos e Águilas Pepe Calbos (saben que calvos se escribe con "v", decidiron poñelo con "b" a propósito). 

 

 

 

A ver se sae algo e o podemos transplantar ao horto!

FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE!

Ola a tod@s!

Achégase o Nadal, e con el as vacacións de inverno. Hoxe fixemos unhas bolas con forma de corazón nas cales escribimos os nosos desexos para o 2021.  

Cando marchemos para a casa levarémolas connosco! 

 

NADAL 2020

Boas, requeteboas!

En plástica fixemos unha postal de Nadal POP-UP para regalar á nosa familia. Tamén fixemos un xogo de pistas para atopar o tesouro que deixou Leopoldo no cole...

Sabemos que este ano é un pouco diferente, así que dende o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón desexámosvos unhas felices festas e, sobre todo, saúde!

 

UN DÍA ESPECIAL

Este ano, os últimos días de colexio antes do Nadal son moi especiais. Hoxe fixemos recunchos: lectura no sitio, lectura na biblio de aula, xogo "de gota a gota", xogo da escoba, ruleta de palabras e palabra oculta.

Agora todos os xogos están en corentena, ata o segundo trimestre non os volveremos usar.  Peeero temos fotos! 

 

 

 

TREMENDO LUNS TIVEMOS...

Boas a todas e a todos, 

Que luns tan luns! Comezamos o día co ordenador avariado, dende aquí dámoslle as grazas a Xiao, que o arranxou en tempo récord. Pero a cousa non quedou aí... tiñamos pensado ir á biblioteca... e xusto nese momento estaba ocupada!

Aínda así, como queríamos ler, buscamos outro lugar... 

 

XOGO BOOM!

Ola de novo! 

Os nenos e nenas de 3º fixemos un xogo para avaliar todas as áreas, a ver canto recordábamos... A mestra Cris fíxonos unhas preguntas por equipos, os dous mellores batéronse nun duelo de cálculo mental. Tamén participou a mestra Jose, fíxonos unhas fotos moi chulas e anotou os resultados de cada equipo. Aquí vos deixamos as fotos, agardamos que vos gusten!

 

 

 

 

 

 

PECHES PERIMETRAIS!

Atención! 

Os e as albaneis/arquitectos de 3º medimos o perímetro dalgunhas cousas da clase cunha cinta métrica!

Fixemos equipos cooperativos, a algúns custounos un pouco iso de cooperar... pero ao final conseguimos rematar con éxito a actividade.

 

Powered by Drupal - Design by artinet