Segundo ciclo

DEBATE NA MESA: PERSOAS MAIORES.

Este ano foi moi duro para algunhas persoas, especialmente para os nosos maiores. Dende valores decidimos facer un debate ao redor deste tema.

Que é mellor, que un ancián viva nunha residencia ou no fogar? Temos opinións para todos os públicos...

 

https://drive.google.com/file/d/1Zet9gvxQt2JGjxFv8G_Xjp0lmUvOUNym/view?usp=sharing

 

ARTISTAS

Estamos facendo un traballo sobre artistas moi diferentes, dende Khalo ata Hokusai! Tamén aprendemos a seleccionar e resumir a información, falar sobre o que máis nos gusta...

QUE É ARTE? Arte somos nós Canso

POÑEMOS EN PRÁCTICA OS NOSOS COÑECEMENTOS TEMPORAIS

Fixemos moitos problemas que tiñan un denominador común: O CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN! Descubrimos que pasamos no cole 5 horas e 20 minutos diarios, que a suma do primeiro recreo e do segundo da 30 minutos... conectamos coa realidade. 

Como algunhas preguntas eran difíciles fixémolo en parellas, dous cerebros pensan máis ca un! 

 

Exemplo de preguntas (estas eran doadas): 

 

 

 

A NOSA LIÑA DO TEMPO

Poucos anos temos, pero un montón de experiencias vividas! Fixemos a nosa liña do tempo e pasounos de todo!

Aquí algúns exemplos: rompemos brazos e pernas, fomos de viaxe, aprendemos a andar e a montar en bici, aprendemos a falar... 

 

O PRIMEIRO MAIO DO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN!!

Este luns fixemos unhas guirnaldas para decorar o maio! O traballo en conxunto saiu moi ben, quedounos TOP, a algúns/algunhas dounos tempo a facer aneis, pendentes, colares, pulseiras...

 

 Na súa elaboración participou todo o alumnado de Primaria e parte do alumnado de Secundaria, que se encargou de facer a estrutura. 

Moitas grazas familias, sen vós isto non sería posible Beso

APRENDEMOS AS SINAIS DE TRÁFICO EN VALORES

Despois de varias semanas traballando a educación viaria vímonos preparados e preparadas para poñer en práctica os nosos coñecementos. 

Fixemos un xogo ao aire libre para afianzar as sinais de tráfico!

OBXECTOS ANTIGOS

Canto máis maior te fas, máis rápido se che escapa o tempo... que razón ten miña nai! 

En CCSS a cousa vai do tempo, falando e falando algúns compañeiros/as trouxeron obxectos antigos da súa casa. Moitas grazas a Héctor, Claudia, Ari, Adela, Elisa... polas súas aportacións. Quizais unha das chaves sexa a do Mundo de Coraline GuiñoGuiño

 

POLIEDRO OU CORPO REDONDO?

En 3º estamos traballando os corpos xeométricos... xa non sabemos cando é plástica e cando é matemáticas! 

Moitas grazas á mestra Carmen por botarnos unha man, xa que era a primeira vez que armábamos un prisma triangular. 

 

O ÚLTIMO EXPERIMENTO DA TEMPADA...

Pouco a pouco, ímoslle dicindo adeus á materia... finalizamos o último experimento!

 

De aquí seguro que sairá algún especialista en ciencias!

 

Powered by Drupal - Design by artinet