O luns día 14 de setembro o centro permanecerá pechado por ser festivo local en Dodro.
LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE ESO
No enlace poden consultar as listaxes definitivas do fondo de libros para o alumnado de ESO:
LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA
No enlace poden consultar as listaxes de material escolar de primaria:
https://drive.google.com/file/d/1iN_QyGOaVwZYOfpOnKTCM3IQWXFM_Iig/view?usp=sharing
DOCUMENTOS CURSO 20-21 COVID
Nos enlaces poden consultar os documentos elaborados este curso relativos ao COVID.
PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID
DATAS DE INICIO DAS CLASES
SEGUNDO RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, O REGRESO ÁS AULAS FARASE DE XEITO ESCALONADO PARA FACILITAR A ORGANIZACIÓN DO CENTRO.
AS DATAS DE INICIO DAS CLASES PARA ESTE CURSO 2020-2021 SERÁN AS SEGUINTES:
Etapa Primaria | Cursos | Data |
---|---|---|
1º, 2º e 3º | Día 10 de setembro | |
4º, 5º e 6º | Día 11 de setembro | |
Etapa Secundaria | Cursos | Data |
1º e 2º | Día 16 de setembro | |
3º e 4º | Día 17 de setembro |
Os horarios serán os habituais:
PRIMARIA |
De luns a xoves de 9:00 a 14:20h Os venres de 9:00 a 12:40h |
---|---|
SECUNDARIA |
De luns a venres de 9:00 a 14:20h Os mécores pola tarde, a partires de outrubro, de 15:45 a 17:35h |
Mañá luns día 7 de setembro recibirán máis información e instrucións acerca do inicio de curso.
ENVÍO DE NOTAS DOS EXAMES DE SETEMBRO
Os boletíns de notas correspondentes á avaliación extraordinaria de setembro serán enviados o día 7 de setembro.
CALENDARIO ESCOLAR 20-21
No ENLACE poden consultar o calendario eescolar para o curso 2020-2021
LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS DE PRIMARIA
As listaxes definitivas do fondo de libros para a etapa de primaria para o curso 20-21 serán enviadas por TokApp. Poden ser consultadas no enlace que se adxunta na mensaxe..
LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021
As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO serán enviadas por TokApp. Lembrámoslles que as reclamacións a esta listaxe poderán facelas os días 7, 8 e 9 de xullo. Nestas listaxes provisionais figura o/a alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo. Nas listaxes definitivas figurará, para cada alumno, a relación de libros que lle prestará o centro (só no caso de Primaria, para a ESO haberá que esperar a setembro).
Para saber se lles corresponde o vale de material deberán achegarse ao centro e, se lles correponde, xa se lles entrega nese momento.
As familias do alumnado de 1º e 2º de Primaria deberán pasar polo centro para consultar as listaxes (tanto da axuda para libros como a axuda para material), e se lles corresponde algún vale xa se lles entrega nese momento.
HORARIO DO CENTRO NO MES DE XULLO
O HORARIO DO CENTRO NO MES DE XULLO É DE 10:00 a 13:00. A atención será preferiblemente non presencial.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »