IOGA BILINGÜE

O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou hoxe nunha actividade de ioga en Galician/English. A sesión levouse a cabo no pavillón do cole coas profes Merchy e Jose. Ambientada a clase cunha música relaxante (a very relaxing music), practicamos a respiración consciente (conscious breathing), o saúdo ao sol (the sun salutation) e diferentes posturas (poses) relacionadas cos animais e a natureza (animals and nature): can (downward-facing dog), gato (happy and angry cat), bolboreta  (butterfly), xirafa (giraffe), flamenco  (flamingo), cobra, árbore (tree), montaña (mountain),...

Aquí nos tendes, moi atentos ás indicacións das profes:

 

 

NADAL

Desde o Departamento de Educación Física desexámosvos a tod@s un feliz e deportivo Nadal!

BOAS FESTAS 

 

               

 

 

 

Agradecemos aos alumn@s de 3ºESO-A o deseño e elaboración da nosa árbore de Nadal: Alex, María, Daniel, ...

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, día 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con xogos no patio non só para o alumnado de primaria, tamén participou secundaria. Houbo xogos variados e música. Foi un ratiño especial e diferente no que poder esquecer a presión á que nos ten sometid@s esta difícil situación sanitaria. Combatiremos, TODO@S UNID@S, o coronavirus con doses de ledicia e xogo!!

Coma sempre, grazas AMICOS pola vosa axuda!!


 


 

GALERÍA FOTOS SECUNDARIA

GALERÍA FOTOS PRIMARIA

25 DE NOVEMBRO

 

Conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia Cara as Mulleres creando unha fermosa exposición cos nosos corazóns violetas. O alumnado de todo o centro recortou  corazóns de cor violeta nos que escribiron poemas  relacionados co tema que se conmemora este día.

 

GALERÍA DE FOTOS

Os corazóns de tod@s foron colgados no espazo do patio de primaria onde xa, noutros cursos, realizáramos outras exposicións ao respecto da igualdade.

GALERÍA DE FOTOS

Ademais disto, o alumnado e profesorado novo atravesou a porta violeta colocando unha foto de cada un deles.

GALERÍA DE FOTOS

Tamén puxemos as máscaras e camisetas co lema DODRO EN NEGRO que nos enviou o Concello para compartir con eles esta conmemoración.


 

GALERÍA DE FOTOS

Finalmente, cada grupo, visitou a exposición facendo unha reflexión sobre o tema tratado na mesma.

GALERÍA DE FOTOS

LIBROS PARA SALVAR O PLANETA

 No mes da ciencia nas bibliotecas queremos presentarvos as recomendacions lectoras de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil):

EMERXENCIA LITERARIA. LIBROS PARA SALVAR O PLANETA

Vivimos tempos de alarma, de emerxencia climática, un estado de cousas que derivan do maltrato á natureza, de vivir de costas a ela.

É salientable a fazaña de Greta Thunberg, a rapaza que comezou unha folga escolar polo clima cando tiña quince anos e foi recoñecida mundialmente. Isto fainos pensar que a rapazada vai ter que seguir asumindo responsabilidades pois, se as cousas non cambian, será a mocidade quen teña que converterse en activista na defensa do medio ambiente.

Necesitarán, para poder levalo a cabo, libros nos que apoiarse, historias que lles axuden a espertar, a decatarse de que é necesario actuar para que ninguén acabe co seu mundo.

Os libros están aquí, veñen dereitiños a atender a urxencia, porque tamén eles queren salvar o planeta.

No enlace podedes acceder á páxina de "O Salón" onde podedes descargar a bibliografía, unha chea de títulos que seguro van ser atractivos para vós:

ENLACE

1º e 2º PLANTAMOS

Durante a mañá deste xoves @s nen@s de 1º e 2º saímos ao horto e plantamos coliflor, brócoli, cebolo e porros.

Velaquí estamos gozando en plena tarefa:

Agora, a esperar que prendan. Estaremos atentos!

 LEMBRAMOS QUE TODAS AS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE PRIMARIA SON PUBLICADAS NO APARTADO DE "PRIMARIA-ACTIVIDADES".

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO ( 05 de novembro de 2020)

No enlace poden acceder á modificación do protocolo COVID da Consellería:

PROTOCOLO A 5 DE NOVEMBRO DE 2020

NOVAS COMUNICACIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Nos enlaces poden acceder ás novas notas informativas da Consellería de Educación respecto das instruccións no caso de confinamento:

Plan de Continxencia ante peches

Horarios e ensino virtual

PLAN DE ENSINO VIRTUAL EN CASO DE CONFINAMENTO

No enlace poden acceder ás instruccións establecidas pola Consellería sobre como se ha desenvolver a actividade  lectiva no caso de confinamento:

ENLACE

Powered by Drupal - Design by artinet