ROLOS DE POESÍA HIXIÉNICA

Comezamos a última etapa do curso. Seguiremos a traballar coma ata o de agora..dende a casa e sen poder ter contacto directo co noso alumnado....unha mágoa .....pero hai tamén novas que nos fan latexar o corazón.

Os nosos alumnos de 2º de ESO regálannos poesías en rolos de papel hixiénico.

ENLACE Á NOVA

ENLACE A "O NOSO EUSEBIO "

ENLACE A VÍDEO

Grazas rapaces!!. Sodes grandes!!!

 

PREVENCIÓN DENDE 6º DE PRIMARIA

"Moito ánimo compañeiros/as, profesorado, coidadora, administrativa, conserxe e familias!. Ánimo a toda a veciñanza, entre todos imos saír ben disto e nós, o alumnado, estaremos seguindo estas recomendacións!"

Con estas palabras de ánimo o alumnado de 6º de Primaria quere compartir con todos nós o traballo  de plástica que realizou e co que nos invita a seguir as recomendacións para previr o contaxio. Non debemos baixar a garda.

Esas medidas tan importantes  que eles xa aprenderon a tomar en días anteriores ao estado de alarma. Que ben o fixeron, guiándose unicamente polo cartaz da foto da mostra que xa tiñan na clase. Incluso lle deron o seu toque persoal.

Dende o colexio dámoslles as grazas de corazón por preocuparse pola nosa comunidade educativa e a noraboa polo seu traballo.

GRAZAS A TOD@S!!!

 




 

 

 

 

Agora, na última sesión deste venres antes das vacacións de Semana Santa comezaron coa súa inicial. Aquí vai unha mostra, xa estamos desexando ver todas!


 

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Debido á situación de estado de larma decretado e en consonancia coas últimas instrucións recibidas dende a Consellería de educación, o centro permanecerá aberto en horario de mañán ( no horario que a directiva considere oportuno) e só haberá un membro do equipo directivo. Nembragantes, será prioritaria a tención non presencial polo que poden comunicarse co centro no 881867041 e no correo cpi.lorenzo.baleiron@edu.xunta.es ou no cpidodro@cpidodro.net.

Pregamos ás familias que chamen por teléfono ( está desviado ao móbil privado da directora) antes de achegarse para asegurarse de que hai alguén para atendelos e que só o fagan en caso de que sexa imprescindible que algún dos pais/nais/titores legais se pase polo centro.

Os trámites administrativos, incluída a admisión de alumnado, quedan aprazados ata o restablecemento do funcionamento normal do centro.

No caso de que algún alumno/a do centro dea positivo en coronavirus deberá ser notificado ao centro polos medios antes indicados.

Manteñan a calma e moito ánimo a tod@s!!.

Grazas

SUSPENSIÓN DAS CLASES

Segundo un comunicado emitido polo presidente da Xunta de Galicia e remitido ao centro educativo polo servizo de Inspección Educativa, as clases suspenderanse a partires do luns para todas as etapas educativas ata novo aviso. Mañá venres o centro permanecerá aberto e será decisión das familias se envían aos rapaces ou non durante esta xornada do venres. O servizo de transporte funcionará mañá de xeito normal.  As actividades extraescolares da ANPA fucionarán mañá , en principio, de xeito normal para aquel alumnado que asista ao centro.


O alumnado foi avisado de que debe levar o material escolar hoxe para a casa en previsión de que mañá xa non asista a clase. Recoméndase e prégase que o alumnado continúe coas rutinas de traballo ( os alumnos de 1º e 2º de primaria recibirán instrucións por TokApp para facer tarefas na casa e o resto do alumnado por correo eléctrónico ás súas contas do dominio cpidodro.net ou a través do Classroom). Tentaremos, na medida do posible que vaian traballando na casa ( incluso con vídeos titoriais) para non perder todos estes días. Pregamos aos pais e nais que estean pendentes de que os rapaces fagan esas tarefas e que lles insistan na necesidade de non perder o ritmo de traballo.


Tamén recomendamos que o alumnado permaneza na casa ( no ten moito sentido que non asistan aos colexios e que se congreguen en grupos grandes en sitios como parques...). É moi importante que haxa unha completa e seria concienciación de toda a sociedade para paliar os efectos que esta enfermidade poida causar.


Somos conscientes e que a situación é moi complicada para as familias pero debemos pensar na saúde de todos.

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA DÍA DA MULLER

ATENCIÓN RAPACES E RAPAZAS!!!. Na biblio tedes durante este mes de marzo unha pequena exposición de libros e cine co motivo da celebración do 8 de marzo  Día da Muller.


ACTIVIDADE DÍA DA MULLER 6º

O alumnado de 6° realizou magnífica tarefa para analizar a actualidade no tocante á igualdade nas tarefas do fogar. Tamén fixeron, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, unha pequena homenaxe ás mulleres das súas vidas, que sempre fan tanto pola familia.

A actividade das tarefas foi totalmente confidencial, foron saíndo de un en un para poñer cadanseu  a súa pegatina.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe luns día 9 celebramos o Día Internacional da Muller no noso centro. Apoiados por unha colaboradora moi especial, Antía Vicente, que foi alumna deste centro e a día de hoxe adica parte da súa vida profesional á fotografía. Con fotos de Antía fixemos unha pequena exposición con imaxes de mulleres do seu entorno que reflicten a vida e os labores desempeñados polas mulleres de xeracións pasadas no fogar.

Como un xeito de lembrar este traballo infinito viñemos vestidos con mandís e mandilóns e enseres típicos do traballo feminino da época. Lembramos e valoramos o esforzo feito por todas estas valentes mulleres que sacaban adiante á súa prole e coidaban dos maiores e enfermos ao tempo que facían labores do fogar e do campo, á espera dun cambio non lonxano no que as tarefas sexan compartidas e no que as mulleres non sintan a obriga de asumir todos estes traballos como propios da condición feminina.

GALERÍA DE FOTOS

GALERÍA FOTOS DE GRUPO TOMADAS POR ANTÍA VICENTE

 

NANA PARA UN SOLDADO

 

" A guerra non é un lugar. A guerra non chega ou se vai, está aí...habita nos corazóns atrincherados e nas mentes con metralla.."

 

O mércores 4 de marzo o alumnado de 3º e 4º de primaria viaxou a Pontevedra para asistir a  nunha obra de teatro titulada "Nana para un soldado". interpretada polo grupo de teatro Teatro dos Ghazafelhos..

A obra conta a historia dun momento na guerra presentado dun xeito cómico e poético, amosando o máis duro do conflito, mais tamén o máis fermoso  das persoas a través da solidariedade, a amizade, a tolerancia e os valores que nos levan cara á paz.

GAÑADORES DO CONCURSO EU REUTILIZO

Hoxe desvelamos os gañadores do concurso "Eu Reutilizo". Entregamos os premios coa asistencia de todo o alumnado e profesorado.


Os gañadores na categoría de 1º e 2º de primaria foron Adela Rial e Héctor Ferro polos seus traballos " Fonte para aperitivos" e "Salvamanteis", e " Percheiro con maceteiro" respectivamente.

Na categoría de 3º e 4º de primaria tamén houbo empate. As gañadoras foron Sandra Méndez e Sara Calvo, cos traballos " Asento para xogar cos legos" de Sandra e " Balanza de madeira" de Sara.

Na categoría de 5º e 6º de primaria houbo triple empate xa que os tres traballos estaban ao mesmo nivel e resultaba moi complicado decidir.

As alumnas agraciadas forn Aroa Boga, Saleta Rivo e Ana Romero que presentaron os seguintes traballos: " Tapa para bolsa de plástico" e "Recipiente para gardar bolsas" de Aroa, "Dispensador de auga" de Saleta e "Servilleteiro cisne" e "Casa de paxaros" de Ana.

 Na categoría correspondente ao alumnado de ESO houbo un único gañador que resultou ser Javier Píriz co seu inxenioso artiluxio para envolver croquetas que aforra tempo e evita ter que manchar as mans.

Houbo outros participantes que non resulatdos premiados pero que fixeron tamén un bo traballo.

No ENLACE podedes acceder á información dos traballos presentados.

NORABOA A TOD@S!!!!!

 

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, o Concello fixo unha actividade no centro ao pintar na entrada do patio de primaria uns fermosos versos da escritora que decoran o acceso deste xeito:

Nós, pola nosa banda, celebramos este día coa colocación de tellas de cores con versos de Rosalía. A estrutura e as tellas foi construida polo departamento de Tecnoloxía e coa axuda de alumnado de ESO mentres que a parte literaria foi elaborada polo departamento de Lingua Galega e traballada polos titores con cada grupo correspondente. Durante o acto, alumnas de 4º de ESO presentaron e deron información sobre a vida e obra da escritora mentres que representantes de profesorado ( neste caso foi Sabrina , a nosa auxiliar de conversa, a encargada de representar ao profesorado recitando versos de Cantares Galegos...fíxoo moi ben, por certo!) e de alumnado de cada grupo recitaban a escolla de versos elixido pola profe de galego de secundaria ao tempo que se ían colocando as coloridas  tellas.


Tamén houbo versos cantados con acompañamento de pandeireta ( de 3º de ESO) e versos rapeados ( de 3º de primaria)

 

 

Este foi o resultado final:

 

O espazo será utilizado polo alumnado como espazo de lecer para lectura de libros ou banda deseñada.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

VíDEOS

Powered by Drupal - Design by artinet