DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, o Concello fixo unha actividade no centro ao pintar na entrada do patio de primaria uns fermosos versos da escritora que decoran o acceso deste xeito:

Nós, pola nosa banda, celebramos este día coa colocación de tellas de cores con versos de Rosalía. A estrutura e as tellas foi construida polo departamento de Tecnoloxía e coa axuda de alumnado de ESO mentres que a parte literaria foi elaborada polo departamento de Lingua Galega e traballada polos titores con cada grupo correspondente. Durante o acto, alumnas de 4º de ESO presentaron e deron información sobre a vida e obra da escritora mentres que representantes de profesorado ( neste caso foi Sabrina , a nosa auxiliar de conversa, a encargada de representar ao profesorado recitando versos de Cantares Galegos...fíxoo moi ben, por certo!) e de alumnado de cada grupo recitaban a escolla de versos elixido pola profe de galego de secundaria ao tempo que se ían colocando as coloridas  tellas.


Tamén houbo versos cantados con acompañamento de pandeireta ( de 3º de ESO) e versos rapeados ( de 3º de primaria)

 

 

Este foi o resultado final:

 

O espazo será utilizado polo alumnado como espazo de lecer para lectura de libros ou banda deseñada.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

VíDEOS

DINAMIZANDO OS PATIOS

Comezamos a dinamizar os nosos momentos de lecer en primaria coa axuda de persoal de AMICOS. Os xoves celebránse xogos para dinamizar os patios nos que cada vez participa máis alumnado.

Hoxe moitos dos rapaces e rapazas de todos os cursos da etapa de primaria xogaron co profesorado e as traballadoras de AMICOS. Estivo xenial!!!

A idea é que se continúe con esta actividade ata final de curso co que....xa sabedes, os xoves a xogar!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

ENTROIDO

Comezamos a celebración do Entroido o mércores seguindo as comandas do alumnado de 4º de ESO: o primeiro día "Para que a festa sexa rachada, trae posta unha carallada"...

......ao día seguinte, o xoves, a comanda foi " E para que a festa sexa bestial, saca o teu animal"...

Hoxe venres, celebramos o entroido no colexio. Comezamos disfrazándonos con motivos relacionados co proxecto de centro deste curso ( a lusofonía) e saimos cara o Centro de Día onde nos xuntamos co alunmado do CRA para bailar e tocar para os maiores. O alumnado de ESO (e algún de primaria) foi o encargado de poñer o toque musical neste pasarrúas..

 

Os pequeniños estaban xeniais disfrazados de produtos reciclables...e os seus profes de contedores de lixo coas cores correspondentes a cada reciclado.

 

Durante este acto lles foron entregados uns doces aos maiores e asistentes que repartiron alumnas de 4º de primaria.

De volta ao centro, queimamos o meco como vén sendo tradición ......non houbo indulto posible..

 ........e degustamos os postres típicos do entroido que moi xentilemente elaboraron as familias. Grazas de corazón por estes sabrosos doces!!!

  

Marcharon os nosos compañeiros de primaria e o alumnado de secundaria participou nun interesante e divertido obradoiro de Capoeira.

 

Nos enlaces podedes fotos de todo o evento:

GALERÍA FOTOS COMANDA PAIASADAS

GALERÍA FOTOS COMANDA ANIMALADAS

GALERÍA FOTOS PASARRÚAS

VÍDEOS PASARRÚAS

VÍDEOS ACTUACIÓN ALUMNADO DO CRA

GALERÍA FOTOS MECO

GALERÍA FOTOS DESGUSTACIÓN POSTRES

GALERÍA FOTOS CAPOEIRA

VÍDEOS CAPOEIRA

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA DE 6º, 1º de ESO e 2º de ESO

 

O alumnado de 6° de primaria e de 1° e 2° da ESO fixo unha saída a Santiago, onde tivo unha visita guiada para poder contemplar a catedral e as obras de conservación. Despois foron ao cine para ver " Volando juntos" onde disfrutaron da marabillosa experiencia de aves migratorias.

GALERÍA DE FOTOS

XARDINERÍA EN 6º

O alumnado de 6° de primaria plantou diferentes especies de prantas ornamentais no xardín do centro.. iremos coidando e vendo como medran!


GALERÍA DE FOTOS

SAÍDA DOS MÁIS PEQUENOS AO TEATRO

 

O 7 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de primaria asistiu, na sede Afundación  en Pontevedra, á función de teatro titulada Safari. 
Os nenos e nenas gozaron dunha divertida aventura cos animais da sabana ao tempo que se concienciaron en contra do acoso escolar.

GALERÍA DE FOTOS

ENFERMIDADES DO APARATO DIXESTIVO

 

 

 

 

 

 

Os alumnos e alumnas de quinto de primaria fixemos uns preciosos e instrutivos murais sobre as enfermidades do aparello dixestivo.

Unha das partes traballadas foi a  intolerancia ao glute e a lactosa que é un transtorno do aparello dixestivo que non permite dixerir ben os alimentos que conteñan esas dúas substancias.

 Fixemos murais cunha cartulina da seguinte maneira:

Collemos revistas vellas que non usabamos e recortamos distintos alimentos que tiveran, no noso caso, glute ou lactosa menos un de cada.Logo collemos dous papeis de cor amarela e dobrámolos á metade e na portada puxemos ``A INTOLERANCIA AO GLUTE´´ e ``A INTOLERANCIA AO GLUTE ´´.

 Ao redor puxemos fotos dos alimentos que recortamos das revistas e no medio puxemos as cartulinas coa información e dentro puxemos un alimento que non levara nin glute nin lactosa.

 

Tamén aprendemos a facer códigos QR, co cal cada grupo fixemos dous, un para cada enfermidade.

 Agora se os queredes ver están de lado da clase de 5º de Educación Primaria.

Esperámosvos!!!!!

 

BATUCADA en 4º DE ESO

O pasado venres día 7 de febreiro o Departamento de Música organizou unha clase de batucada para 3º e 4º da ESO co grupo de percusión "Eco-percusión" para aprender unha batucada simple que depois usaremos no noso entroido a finais deste mes.
 
No enlace tendes un vídeo no que dirixe o combo o próprio Óscar de 3º da ESO:
 

O ESQUELETE DE 6º

Reutilizando o reutilizado: o grupo de 6º de primaria deulle un segundo uso ao cartón e traballo do Samaín... daquela estaban co esqueleto humano e despois completaron o traballo con todos os músculos que aprenderan na clase de ciencias, e fixeron un xogo-actividade para repasalos nos recreos.... que mellor maneira de coñecer o aparato locomotor!!.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

O día 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria. Nós celebrámolo hoxe, día 3 de febreiro,  pero non por facelo un día máis tarde é menos lucido...non vaiades crer!.

O alumnado de 1º de ESO e de 6º de primaria decoraron dous espazos (un no corredor de secundaria e outro no patio de primaria) onde colocaron imaxes de paxaros feitos por eles.

O alumnado de 6º colaborou co EDLG para celebrar o día da Candeloria facendo unhas tarxetas e corazóns con frases cheas de cariño dedicadas ás persoas a quen queren.. e tamén fixeron uns fermosos paxariños..  empregaron cartón para darlles outra vida aos residuos:


 

 

 

O resultado final:

 

 

O alumnado de 1º de ESO tamén foi o encargado de decorar o corredor das aulas de secundaria. Acompañando ás imaxes das aves expresións do noso refraneiro popular e escritos breves de todo o alumnado de secundaria sobre o amor...ás persoas e tamén aos animais:

 


 

Tamén en primaria tiveron un chisco para os animaliños:

 

GALERÍA DE FOTOS TRABALLO DE 6º

GALERÍA DE FOTOS EP

GALERÍA DE FOTOS SECUNDARIA

 O alumnado de 1º de primaria realizou un vídeo marabilloso no que interpreta a canción "Quérote máis" de O Sonoro Maxín con lingua de signos. Fantástico!!!


ENLACE AO VÍDEO

 

Powered by Drupal - Design by artinet