Xerais do centro

Actividades feitas no centro

CLUBS DE LECTURA DA ESO 27.II.2018

Unha vez máis o mediodía do martes (27,febreiro, 2018) estará axitado no Aguiar.

Os alumnos e alumnas participantes nos Clubs de Lectura da ESO encherán andeis e aulas para falar de libros ( "Están tolos estes do Aguiar", dirían Asterix e Obelix)

Hora de Ler. 19ª semana [1ª sesión]

Ilustración: Alicemoi

 

19ª SEMANA [1ª SESIÓN]

 

As palabras floridas de Álvaro Cunqueiro e a Rosalía semellan anunciar que xa se ven achegando a primavera.

 

 

 

 

Hora de Ler. 18ª semana [6ª sesión]

Ilustración: Liniers

 

18ª SEMANA [6ª SESIÓN]

 

 Coma sempre, tamén nesta minisemana, ler (a Begoña Ibarrola ou a Pura Vázquez) énchenos a vida de ilusións.

 

 

 

 
 

Club de lectura de Adultos Biblos_Aguiar

O venres 9 de febreiro, ás 19 horas,  Sergio del Molino visitará a Libraría Biblos para falar, principalmente, de La mirada de los peces, obra lida polo Club de Lectura Biblos Aguiar. 


A xuntanza está aberta, como sempre, a todos os interesados na lectura, por iso ¡todos estades convidados!, e será moi probable que se fale tamén do seu existoso ensaio La España vacía, ou dos seus libros anteriores: o fermosísimo relato La hora violeta ou Lo que a nadie le importa.

CELEBRANDO ENTROIDOS e outras leiras

 

Como cada ano por estas datas, o Instituto disfrázase de polideportivo e festeiro, sen deixar de ter alma educativa.

Por unha banda o xa clásico concurso e baile de disfraces  que, se o tempo non permite facer nos campos de fútbol exteriores, terá lugar no cuberto xunto ao Salón de actos.

 

 Teremos, logo do traballo das últimas semanas, unha grande exhibición de capoeira na que participarán tamén os nosos alumnos e alumnas. No Polideportivo a 4ª hora.

 

E a todo isto sumaráselle o campionato de fútbol organizado no Polideportivo por alumnado de 3º da ESO a partires da 5ª hora. 

Hora de Ler. 17ª semana [5ª sesión]

Ilustración: Cecilia Varela
 
17ª SEMANA [5ª SESIÓN]
 
A lectura destes relatos de Antón Castro(enlace) e Yukio Mishima(enlace) permiten vivir deste outro lado.

 

 

TORNEO DE XADREZ. Nadal 2017

Un ano máis rematamos o trimestre e o ano co noso torneo de xadrez. Velai as fotos dos esforzados participantes e gañadores

NICO, DE ESO 1º D

OMAR, DE ESO 3º B

DIEGO, DE ESO 4º C

 

PARABÉNS AOS PARTICIPANTES E TAMÉN PARA O NOSO COMPAÑEIRO ÓSCAR GARCÍA

POLO SEU TEIMUDO LABOR DE PROMOCIÓN DO XADREZ.

NON SÓ COA ORGANIZACIÓN DESTES TORNEOS,

SENÓN CADA SEMANA  COA ESCOLA DE XADREZ

QUE TEN LUGAR OS XOVES Á TARDE NO NOSO INSITUTO

 

Orientaline. Un servizo do Departamento de Orientación

 

O Departamento de Orientación pon a disposición de todo o alumnado do IES Francisco Aguiar unha páxina con información actualizada sobre estudos e saídas profesionais: Orientaline (enlace)

IES Francisco Aguiar. Vitaminas creativas!

Un ano máis, como vén sendo habitual a finais de trimestre, o último día (este ano o xoves 21) celebraremos no instituto un Festival . E como tamén é habitual farase entrega ao longo do dito festival dos premios de varios concursos e certames desenvolvidos no Instituto ao longo do trimestre.

Será unha boa ocasión para alegrarmonos da capacidade motivadora do noso profesorado e, sobre todo, da potencia creativa do noso alumnado. 

Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Campaña de Nadal.

Seica non podía ser doutro xeito, pero o certo é que unha vez máis  alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais volve a sorprendernos cunha orixinal campaña de marketing comercial. 

O curso pasado invitábannos a repartir apertas brancas, verdes ou vermellas no Iª Festival dos Abrazos

Dista volta, polo Nadal, convidan a desprenderse de obxectos de dimensións determinadas que, todos xuntos, acabarán por formar algo que nos vai sorprender (a cambio, un pequeno premio). 

ÁNIMO A TODOS E TODAS!

teus pequenos detalles poden ter premio!

 

LUNS 11 E MARTES 12.

Distribuir contido