Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Haikus contra a violencia de xénero

 

HAIKUS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25.XI.2017

Hora de Ler. 11ª Semana. Sesión 5ª

11ª SEMANA [5ª SESIÓN]

 

Ler en compañía. En compañía de calquera?

 

Pode ser... Aínda que ningún de nós elixe fuxir como Peggy Sue, a protagonista do álbum ilustrado de Federico Delicado

 

Lonxe do motel, nos pupitres das aulas, estaremos a ler a Rafael Dieste e a Magda Hollander-Lafon.

Chegou aos nosos oídos... "Vida máis ca vida", unha proposta da ANPA para o Día Internacional das Discapacidades

 

Chegou aos nosos oídos... a través da ANPA "O Carregal" unha interesante actividade para conmemorar  o vindeiro domingo 3 de decembro o día internacional das discapacidades. No Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 18:00h proxectarase Vida máis ca vida  

 

Un proxecto nado para romper barreiras e estereotipos sen precedentes. Dende a ANPA convídannos a pasar unha tarde moi especial cargada de talento, creatividade e compromiso social na que se presentará o documental Máis ca Vida co posterior coloquio do seu director e dous dos seus protagonistas, Mónica Ferreiro e Óscar Rguez que aproximarán en primeira persoa, as percepcións do que significou para eles levar a cabo este proxecto que tanto ten marcado as súas vidas.

 

Vida. Máis ca vida, por Rubén Riós

Tras un ano de ensaios co director do proxecto, Rubén Riós, ao carón dun colectivo de mozas e mozos con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. O traballo en equipo, o afán de superación, a solidariedade, o esforzo, a admiración..., que nos tempos que corren son tan necesarios, son algúns dos valores que poderemos apreciar neste proxecto. 

O documental Máis ca vida: recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea estas persoas con diversidade funcional. Duración: 50 minutos. 

A curtametraxe Vida: unha mestura de arte, entretemento e comunicación que se converte na primeira experiencia audiovisual realizada por este colectivo, entrelazado cun elenco artístico de primeira categoría como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia, entre outros. Duración: 17 minutos. 

Ligazóns aos tráilers do documental e da curtametraxe e á páxina web: 

Tráiler VIDA 

Tráiler MÁIS CA VIDA 

3w.maiscavida.com 

 

Nesta ocasión teremos o pracer de contar coa colaboración do grupo musical Máis boas cas patacas gañadoras do certame "Quero cantar" coa súa canción "son muller". Un alegato pola igualdade.

 

Tamén se están a preparar proxeccións para escolares nas sedes de Afundación de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevera, Vigo, Lugo e Ourense, conxuntamente coa Afundación Abanca . Ademáis de ser un proxecto que fala de metas, superación, capacidades e obxectivos no coloquio-debate posterior, o director e protagonistas fan unha interesante charla sobre o tema do acoso escolar, a empatía e a igualdade entre outros temas que van saindo por parte dos alumnos/as.

 

Para calquera información, poden chamar aos teléfonos 986 120089 - 986 120078 – 645 400 581

Periodistas do Aguiar

O pasado  3 de novembro recibiamos no noso Instituto a un antigo alumno, Xesús Fraga, para falarnos sobre o labor de periodistas e periodismo. 

 

 

 

 

 

 

 

   Grazas a aquela charla moitos alumnos e alumnas animáronse e aceptaron o reto de seren periodistas no/do Aguiar [PAG's].

   Coordinados pola profesora de Lingua Castelá, Elvira Castro e o de Historia e Xeografía,  Julián Ferrer, propóñense formar pequenos equipos de periodistas que publiquen na páxina web do Instituto noticias relacionadas coa actualidade e especialmente co noso centro. 

   Cando un grupo se encarga de informar sobre unha noticia reúnese dúas veces nesa semana: o luns nunha mesa de redacción que decide a noticia ou noticias sobre as que se vai informar e reparte tarefas; o xoves para poñer en común resultados e concretar definitivamente a redacción da noticia que, normalmente, sairá o martes da seguinte semana. 

 

   As primeiras que aceptaron o desafío, tres rapazas de 2º ESO, Nerea, Nuria e Patricia. As primeiras PAG's

BRAVO POR ELAS!

 

 

 

 

 

 

E o Aguiar tinguíase de negro contra as violencias o 24 de novembro

O venres 24 de novembre, víspera do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o IES Francisco Aguiar sumábase á campaña de moitos Concellos de Galicia convidando á comunidade escolar a vestir de negro.

O día estivo precedido por toda unha semana na que o alumnado cubríu andares e corredores cos seus particulares alegatos contra a violencia de xénero.

Parellamente están chegando aos correos da biblioteca participacións en dous concurso convocados con este motivo: "Mensaxe a un maltratador" e "haikus contra a violencia". Sobre estes concursos teremos próximamente noticias dando a coñecer aos gañadores/as e ás súas obras.

O día 24 alumnado, en número máis que maioritario, profesorado e persoal non docente aparecimos vestidos de negro. Todos os cursos da ESO adicamos unha sesión da mañá para reflexionar e debatir sobre o tema arredor de catro productos audiovisuais que serviron para centrar o debate:

O rap de Porta que  leva por título "La Bella y la Bestia"

O video do IES Moncho Valcarce de As Pontes titulado "O Túnel"

Unha parte do vídeo de jon Sistiaga, "Tabú"

E a canción das rapazas MBCP, "Son muller"

 

Pero foi un día no que toda a comunidade escolar sumouse á reivindicación. Como mostra Melania e Glenn da cafetería que presentaron bocatas tamén con servilletas negras

 

Ou a  ANPA que puxo a súa parte subindo ás redes sociais esta creativa imaxe.

Conclusión: CONTINUAMOS!

 

Dúas propostas para a reflexión e a loita

Desde as áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña chegannos dúas propostas para contribuír á reflexión e á loita contra a violencia de xénero.

Trátase da curtametraxe “O Túnel” elaborado polo IES Moncho Valcarce das Pontes, cuxo guión foi gañador do Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, e o videoclip da canción “Son Muller” do grupo “Máis Boas Cás Patacas” ( MBCP)  

Tanto o  Videoclip coma a  curtametraxe empregarémolos como ferramentas educativas no noso centro de ensino para concienciar ao alumnado na loita contra o machismo.

 

 

Distribuir contido