1º Bacharelato

Encontro do alumnado de Literatura Universal 1º BAC con Raquel Vázquez recente gañadora do premio Loewe

O venres 14 de febreiro os alumnos de Literatura Universal terán un encontro con Raquel Vázquez (de 9:35 a 11:15) para falar da súa obra literaria, en particular da poesía. A nosa exalumna Raquel ven de gañar o Premio Loewe de poesía polo seu poemario Aunque los mapas, que será próximamente editado por Visor.

encontro con Raquel Vázquez

Intercambio dos IES Francisco Aguiar e IES Adormideras co instituto de Finale Ligure en Italia

Finale Ligure

 

 

Intercambio conxunto cun grupo do IES de Adormideras en A Coruña á vila de Finale Ligure.

 

Acompañan ao alumnado de Betanzos Carmen Suárez e Julián Ferrer.

 

Datas: saída o 12 de febreiro, retorno o 19 de febreiro.

 

IES Adormideras IES Francisco Aguiar

 

 

 

 

Unha mañá na ópera, O loro de Carlos V no teatro Colón

ópera opera opera
opera opera  Imaxes da visita do alumnado de 1º de BAC das optativas Linguaxe e práctica musical e Obradoiro de interpretación músical ao Teatro Colón de A Coruña para asistir á estrea da ópera bufa O Loro de Carlos V.

Ópera no teatro Colón 'O loro de Carlos V' para o alumnado de LPM de 1º de BAC

o loro de carlos V 
Xoves 5 de decembro
 
Para alumnado de LPM de 1º de BAC.
Saída do IES : 10:00
Chegada ao IES : 13:00
 
Coma dí a reseña na web do teatro Colón
 
"Estrea absoluta dunha ópera familiar. Unha divertida proposta para penetrarse no mundo da ópera da man de Nani García e a Orquestra Sinfónica de Galicia apta para todos os públicos. Unha ópera bufa para todos os públicos baseada nunha idea orixinal do compositor Nani García. É un conto infantil e ao mesmo tempo unha obra artística con vocación de entusiasmar e amocionar ao público máis esixente. Presentada no formato ‘singspiel’, a obra contén unha intención lúdica e vitalista desde a que se saúda á Frauta Máxica de Mozart e á viveza imperecedoira das obras de Rossini. O espírito cómico transciende cada escena desde o propio deseño de personaxes. Pero baixo esta aparencia de lixeireza existen sofisticados mecanismos que abren as portas a un mundo de ilusión e tenrura. Esta nova e orixinal proposta desborda talento en todas as súas seccións. Por unha banda, a Orquestra Sinfónica de Galicia con Diego García Rodríguez á dirección. Por outra banda, as voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad. E ademais, Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía, a emerxente María Peiteado coa dirección escénica e Baltasar Patiño coa dirección técnica."
 

 

Galería de imaxes actividade escalada 1º BAC no Rocódromo de Lugo

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Educación Física 19-20 -> Rocódromo Lugo 1º BAC

'Las chicas somos guerreras... y también ingenieras' para alumnado de 1BAC con optativas de ciencias

científicas

Mércores 20 novembro 2019

Saída didáctica para o alumnado de 1º de BAC con optativas FQ de 1º BAC A e B, e o alumnado de CuCi de 1º BAC C.

Visita á exposición do CSIC do Proxecto Hypatia e ao Aquarium en A Coruña.

Saída ás 10:00 Chegada ás 14:15

Rocódromo cos 1º de BAC

rocódromo lugo

O alumnado de 1º de Bacharelato realizará unha actividade complementaria da materia de Educación Física no recentemente estreado rocódromo de lugo.

venres 15 novembro 1º BAC B e D

martes 19 novembro 1º BAC C e E

venres 22 novembro 1º BAC A

Visita ao Museo das Mariñas BAC 1º D

Xoves 7 de novembro 2019

O alumnado de BAC 1º D realizará unha visita ao guiada polas instalacións do Museo das Mariñas. Dende ás 10:25 ata as 12:35 acompañados da súa titora María Pazos Castelos.

museo mariñas

Obradoiro de e-textiles na Fundación Barrié 1º BAC TIC

Día para falar de fotografía, moda, historia e futuro. Pequeno obradoiro de iniciación aos e-téxtiles e a moda do futuro.

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita o álbum dentro da galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> e-textiles con 1º BAC na Fundación Barrié

TECNOLOXÍA ENTRE COSTURAS PARA A MODA DO FUTURO. OBRADOIRO PARA ALUMNADO TIC 1º BAC NA FUNDACIÓN BARRIÉ

Martes 5 de novembro de 2019.

Obradoiro de e-téxtiles na Fundación Barrié dentro das actividades paralelas á exposición do fotógrafo Norman Parkinson.

A actividade combina unha breve visita guiada á exposición (que combina fotografía, moda e historia) e despois unha actividade “de taller” relacionada coas fotografías e ca moda do futuro.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Coñecemento e análise do traballo do fotógrafo  Norman Parkinson.
- Promover a creatividade e o desenvolvemento do pensamento crítico
- Estimular a capacidade plástica e visual.
- Iniciación aos téxtiles e a electrónica para achegarse ás  STEM/  STEAM
- Fomentar a aprendizaxe transversal, activo e significativo a través da arte
- Potenciar as destrezas comunicativas interpersoais.

OBRADOIROS PARA BACHARELATO

Young Velvets

Nesta actividade o particular estilo de  Norman Parkinson será a fonte de inspiración para que os participantes poidan crear un complemento de roupa interactivo ou  wearable.  Tomando como referencia a obra Young  Velvets, os participantes terán a oportunidade de experimentar con novos materiais tales como fíos de electricidade co fin de explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Así mesmo, entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de, a través da costura, aprender a coser circuítos eléctricos.

Distribuir contido