Skip to Content
 

 

   

 

 

Club de ciencias

Proxecto xardín

Photo

O CENTRO EN IMAXES

Clubs de lectura

Photo

Fondo libros 2023-24

Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2023

ABAU 2023

 

 

     Trámites a facer logo de rematar 2º de Bacharelato: 

  • Pago das taxas para a expedición do Título de Bacharelato.

MOI IMPORTANTE: a data de pago debe ser sempre posterior á data de avaliación final. Non se poderá realizar o pago das taxas antes do 17 de maio. No centro deberá entregar a documentación que segue:

 

1.- Modelo de autoliquidación: Pódese confeccionar online seguindo esta ligazón. (ver importe a pagar).

      1. Prema en modelo A1: Autoliquidación de taxas.
      2. Iniciar taxa.
      3. Prema no cadeado aberto e siga os pasos.
      4. Pode realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial nunha entidade bancaria. Pódese tamén retirar o impreso no centro e ir pagar ao banco. Ver aquí cómo cubrilo 
      5. En calquera dos casos, debe presentar o xustificante de aboamento de taxas no centro.

2.- Fotocopia de DNI.

3.- Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso)

 

  • Prematrícula nas ABAU.

Datas: 18 de maio de 9:00 a 13:30 horas (apelidos do A ao F)

            19 de maio de 9:00 a 13:30 horas (apelidos do G ao Q)

            22 de maio de 9:00 a 12:30 horas (apelidos do R ao Z)

Deben presentar:

1.- Impreso de prematrícula. Descargar aquí.

2.- Xustificante de aboamento das taxas das ABAU. Imprimir por triplicado e aboar na entidade bancaria. No caso de facer o pago a través da aplicación Nerta, ver instrucións aquí.

3.- Fotocopia de DNI

4.- Resgardo bancario do aboamento das taxas do título de bacharelato. 

 

Atención ás reducións de pago nas taxas:

     Os membros de Familias Numerosas (1a - 2a Categoría Xeral e de Honra – Especial) deberán achegar, no momento da matrícula, fotocopia

cotexada do título de Familia Numerosa.

     O persoal das universidades do SUG (os seus fillos, cónxuxe ou persoa de análoga relación) beneficiarios de matrícula gratuíta, deberán

acreditar a súa vinculación á universidade mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e, no seu caso, ademais por medio da

fotocopia do título de Familia.

     A condición de persoa con discapacidade(≥ 33%), de vítima de acto terrorista ou de vítimas de violencia de xénero acreditarase coa

correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición correspondente que deberá presentarse, necesariamente, no

 prazo de matrícula fixado, para que teña eficacia.

 

 

  • Documentación informativa:

Calendario das ABAU

Horario das ABAU

Información CIUG

Instrucións NERTA para o alumnado

Ponderacións 2023-24

 

 

Exames finais de 2º de Bacharelato.

Publicado o calendario de exames finais de 2º de Bacharelato.  Ver aquí

Calendario final de 2º de Bacharelato.

  • Avaliación final e entrega de notas: 16 de maio,  publicación en  Abalar a partir das 22:00 horas. Entrega dos boletíns o 18 de maio ás 11:15 horas nas aulas de referencia.
  • Atención ao alumnado: 18 de maio de 10:30 a 14:15 horas.
  • Reclamacións ante o centro: 18 e 19 de maio (ata as 14:15 horas en secretaría)
  •  Resolución das posibles reclamacións: luns, día 22 de maio ás 13:30 horas.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: 23 e 24 de maio (ata as 14:15 horas en secretaría)
  • Prematrícula nas ABAU: do 18 ao 22 de maio (ata as 13:00 horas en secretaría)
  • Preparación das ABAU e da avaliación extraordinaria: do martes 23 de maio ata o luns 5 de xuño (ABAU). Do martes 23 ao venres 16 (avaliación extraordinaria)
  • Reunión previa co alumnado matriculado nas ABAU: luns 5 de xuño ás 10:25 horas.
  • Acto de graduación: Venres, 26 de maio, ás 19:00 horas.
  • ABAU: 6, 7 e 8 de xuño (martes, mércores e xoves)

Becas MEC 2023-24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Premios extraordinarios ESO

    O venres 14 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2022/2023. Os requisitos que deben cumplir as persoas solicitantes son:

  • Ter cursado cuarto de ESO durante o curso 2022/23 e estar propostas para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido unha nota media, no conxunto dos catro curso da ESO, igual ou superior a 9.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 31 de maio e rematará o 30 de xuño de 2023. A solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na aplicación “PremiosEdu” (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Premios extraordinarios bacharelato

     O luns 3 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato

correspondentes ao curso 2022/2023.  Os requisitos que deben cumplir as persoas solicitantes son:

  • Ter rematado os estudos de bacharelato e ser propostas para título na convocatoria ordinaria de 2023.
  • Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

   O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 26 de abril e rematará o 25 de maio de 2023. A solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na aplicación “PremiosEdu” (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/), accesible dende sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Calendario final de pendentes 2022/23

Publícase o calendario de exames finais de pendentes. Ver aquí.

Olimpiada de Física

Éxito, unha vez máis, do noso alumnado na Olimpiada de Física.

Acceder ao texto

 

Becas comedor 2023-24

Con data 7 de marzo publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas municipais para o curso 2023-24

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut