Skip to Content
 

 

   

 

 

Premios Extraordinarios

Premios extraordinarios ESO

    O venres 14 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2022/2023. Os requisitos que deben cumplir as persoas solicitantes son:

  • Ter cursado cuarto de ESO durante o curso 2022/23 e estar propostas para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido unha nota media, no conxunto dos catro curso da ESO, igual ou superior a 9.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 31 de maio e rematará o 30 de xuño de 2023. A solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na aplicación “PremiosEdu” (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Premios extraordinarios bacharelato

     O luns 3 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato

correspondentes ao curso 2022/2023.  Os requisitos que deben cumplir as persoas solicitantes son:

  • Ter rematado os estudos de bacharelato e ser propostas para título na convocatoria ordinaria de 2023.
  • Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

   O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 26 de abril e rematará o 25 de maio de 2023. A solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na aplicación “PremiosEdu” (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/), accesible dende sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Premios extraordinarios de bacharelato 2020/21

No DOG nº 75, de data 27 de abril, publícase a Orde do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao ano académico 2020/21. Ver aquí.

Enlace á sede electrónica (código de procedemento ED 311A)

Realización da proba: 23 de xuño de 2021 nos lugares e horario que se publicará no DOG e no portal educativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut