Skip to Content
 

 

   

 

 

Becas e axudas

Becas comedor para o ano académico 2024-25

 

 

Aberto o prazo para solicitar a beca comedor do concello da Coruña para o vindeiro ano académico 2024-25. O prazo de presentación vai do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Información sobre a convocatoria aquí.

Pódese consultar tamén por sede electrónica, ou no número de información cidadá 010

 

Importante, NON SE PRECISA APORTAR A CERTIFICACIÓN DE MATRÍCULA.

Fondo libros 2023-24

Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2023

Becas MEC 2023-24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Becas comedor 2023-24

Con data 7 de marzo publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas municipais para o curso 2023-24

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut