1º Bacharelato
Meteoescolas TIC: Climogramas con LibreOffice Calc
Dentro do traballo en Ofimática follas de Cálculo con LibreOffice Calc, os de 1º BAC TIC fixemos coma exercizo a elaboración dunha gráfica tipo climograma.
Para seguir os nosos pasos podes consultar o titorial que se liga aquí.
Tamén compartimos neste pdf algúns exemplos dos resultados do noso traballo:
De barcos tradicionais e 3D: Fasquía 3D modelos realizados por 1º BAC TIC
Enviado por Pitusa o Mar, 27/04/2021 - 12:32Da colaboración co CIFP Ferrolterra xurdiu o proxecto ''Fasquía 3D'' no que colabora o noso centro e que busca reproduccir en 3D, para logo poder imprimir, embarcacións tradicionais galegas.
Aínda á espera de imprimir os mellores dos nosos proxectos, feitos sen medidas rigorosas, pero sí coma unha aproximación do alumnado á riqueza naútica da nosa terra, compartimos pequenas instantáneas do traballo do alumnado.
Obradoiro de Escrita Creativa (2)
O día 21 de abril é a quenda de 1º D de Bacharelato: asistirán a un obradoiro de escrita narrativa, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Obradoiro de Escrita Creativa
O vindeiro 19 de abril o grupo de 1º E de Bacharelato asistirá a un obradoiro de escrita creativa, organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Prácticas modelado 3D Blender TIC 1º BAC
Enviado por Pitusa o Sáb, 20/03/2021 - 23:35Autopsia tecnolóxica (V)
Con esta última autopsia tecnolóxica, feita por Antón Patiño, pechamos a serie dedicada á disección de aparellos da nosa vida cotiá, realizada na materia de Tecnoloxía industrial.
Autopsia tecnolóxica (IV)
Neste video podedes ver a autopsia tecnolóxica dun dron, realizada polo noso alumno de 1º de Bacharelato Daniel Méndez.
Día de Rosalía 2021, recitado de poemas de Rosalía para coñecer e difundir a súa obra. Son Aguiar. Radio na Biblio
Compartimos con todos vós os poemas de Rosalía de Castro recitados por alumnado de 1º BAC e 4º da ESO para conmemorar o seu día, 24 de febreiro.
Grazas aos participantes por prestar voz e sentimento ás palabras da nosa escritora. Grazas por dar voz á nosa lingua e a nosa radio. Grazas tamén a Carme Suárez por esta iniciativa que inclúe 52 poemas dos que non quixo renunciar a ningún, dándolle voz a todo o seu alumnado.
Á pregunta, ''cal foi o recitado que máis che gustou?'', Carme non quixo contestar. Poderías axudarnos ti a decidir cal é o poema máis sentido, a mellor interpretación, ... Envíanos se queres a resposta á nosa conta de correo da biblio.
Autopsias tecnolóxicas (III)
Terceira entrega das autopsias tecnolóxicas, realizada polo alumno Manuel Vázquez Varela, de 1º de Bacharelato.
Un excelente traballo! E conseguiu reparar o aparello!
Autopsias tecnolóxicas (II)
Eis unha segunda entrega das autopsias tecnolóxicas, realizadas polo alumnado da optativa Tecnoloxía Industrial, de 1º de Bacharelato.
Neste video podedes ver como é por dentro un vello despertador, "destripado" por Ana C.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »