Taboleiro

VISITA AO "MUSEO NACIONAL DE CIENCIA Y TECNOLOGÍA" (MUNCYT) DA CORUÑA

 

Organizado polo departamento de Tecnoloxía os alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron unha visita ao MUNCYT da Coruña os días 20 e 21 de decembro de 2022.

Cada día, dividiuse o grupo en dous, realizando dúas actividades. A primeira foi un obradoiro de Óptica e cores, onde se traballou con prismas que descompoñen a luz en colores e hologramas, a partir de pantallas dixitais e outros efectos ópticos.

A segunda actividade foi unha visita guiada ao museo, con especial atención a unha exposición permanente co gallo dos cen anos da táboa periódica con diversas actividades interactivas.

Finalmente, comprobamos que a exposición de inventoras e inventores españois segue a incorporar novos membros.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita ao Muncyt- 2º ESO

Charla de Orientación Académica para 2º de Bacharelato

13/01/2023 07:30
13/01/2023 09:00
Etc/GMT+2

O Departamento de Orientación organiza unha charla sobre as diferentes posibilidades académicas na USC. 

Visita a Santa María de Azogue

12/01/2023 09:45
12/01/2023 11:25
Etc/GMT+2

 

O alumnado de B2B/C (alumnado de Historia da Arte) realizará unha visita guiada a Santa maría de Azogue. O guía será Julián Ferrer, porofesor do noso centro, recentemente xubilado.



Visita a Santa María do Azogue

11/01/2023 09:45
11/01/2023 11:45
Etc/GMT+2

 

O alumnado de B2E realizará unha visita guiada a Santa maría de Azogue. O guía será Julián Ferrer, porofesor do noso centro, recentemente xubilado.

 

Visita de 2° de Bacharelato a Santa María do Azogue

O pasado luns 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bach D da materia de Historia da Arte, acompañados pola súa profesora Teresa Bellón, realizaron unha visita guiada á igrexa betanceira de Santa María do Azogue.

O guía desta interesante visita foi Julián Ferrer, profesor de Historia do IES Francisco Aguiar durante moitos anos ata a súa recente xubilación.

Cunha amena explicación os alumnos/as souberon todo o relativo á pintura recentemente atopada no templo, tamén aprenderon múltiples curiosidades do seu impresionante retábulo, así como coñeceron en detalle o capitel, que en realidade é un calendario polas súas representacións simbólicas dos diferentes meses do ano. En vindeiras datas o resto do alumnado de Historia da Arte do instituto repetirá a experiencia.

 

Campionato de fútbol

22/12/2022 09:00
22/12/2022 12:00
Etc/GMT+2

Os grupos de 3° e 4° de ESO e os de 1° e 2° de Bacharelato celebran un campionato de fútbol. 

Campionato de Fútbol Sala / Rubeisbol

22/12/2022 07:00
22/12/2022 09:15
Etc/GMT+2

Nas tres primeiras horas, os grupos de 1° e 2° de ESO participarán en dous campionatos, de fútbol sala e de rubeisbol. 

Torneo de voleibol

20/12/2022 14:20
20/12/2022 16:00
Etc/GMT+2

Na tarde do martes, o alumnado de 1°de Bacharelato participa nun torneo de voleibol. 

Festival de Nadal

22/12/2022 10:35
22/12/2022 12:15
Etc/GMT+2

O alumnado de 2° de ESO asiste hoxe a un festival de Nadal, organizado polas compañeiras Elvira Castro e María José Pardo, no que participará tamén alumnado de 3° de ESO. 

Saída á Fundación Barrié

21/12/2022 07:35
21/12/2022 11:25
Etc/GMT+2

O alumnado de 4° de ESO, da materia de Música, e de 2° de Bacharelato, da matéria de Historia da Música e da Danza acoden á exposición da Fundación Barrié. 

Distribuir contido