VISITA AO "MUSEO NACIONAL DE CIENCIA Y TECNOLOGÍA" (MUNCYT) DA CORUÑA

 

Organizado polo departamento de Tecnoloxía os alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron unha visita ao MUNCYT da Coruña os días 20 e 21 de decembro de 2022.

Cada día, dividiuse o grupo en dous, realizando dúas actividades. A primeira foi un obradoiro de Óptica e cores, onde se traballou con prismas que descompoñen a luz en colores e hologramas, a partir de pantallas dixitais e outros efectos ópticos.

A segunda actividade foi unha visita guiada ao museo, con especial atención a unha exposición permanente co gallo dos cen anos da táboa periódica con diversas actividades interactivas.

Finalmente, comprobamos que a exposición de inventoras e inventores españois segue a incorporar novos membros.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita ao Muncyt- 2º ESO