Visita de 2° de Bacharelato a Santa María do Azogue

O pasado luns 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bach D da materia de Historia da Arte, acompañados pola súa profesora Teresa Bellón, realizaron unha visita guiada á igrexa betanceira de Santa María do Azogue.

O guía desta interesante visita foi Julián Ferrer, profesor de Historia do IES Francisco Aguiar durante moitos anos ata a súa recente xubilación.

Cunha amena explicación os alumnos/as souberon todo o relativo á pintura recentemente atopada no templo, tamén aprenderon múltiples curiosidades do seu impresionante retábulo, así como coñeceron en detalle o capitel, que en realidade é un calendario polas súas representacións simbólicas dos diferentes meses do ano. En vindeiras datas o resto do alumnado de Historia da Arte do instituto repetirá a experiencia.