Educación Plástica e Visual

FOTOSAFARI 2015

Preme na icona situada na parte inferior dereita para ver a maior tamaño

Chegou aos nosos oídos...Sarela Lorenzo premiada no III Certame de Banda Deseñada

Chegou aos nosos oídos...que a nosa xa ex alumna Sarela Lorenzo volveu resultar premiada no III Certame de Banda Deseñada que convoca o IES Arcebispo  Xelmirez I de Santiago de Compostela.

Desta volta acadou o segundo premio da categoría de maiores de 16 anos coa súa obra Philip ( que agardamos poder poñer pronto a disposición dos lectores desta páxina).

Parabens para Sarela,  foi un pracer contar con ela entre o noso alumnado

 

Venres 22 de maio. Remata a fase formativa do programa "Fotografía en Curso"

Hoxe, venres 22 de maio remata unha experiencia moi enriquecedora para unha parte do noso alumnado. Durante máis de seis semanas o alumnado de 4º da ESO C e parte de B participaron no programa de "Fotografía en Curso" que organzou o Departamento de Educación Plástica coa colaboración do CGAI.

O profesor José Manuel Rey Bao e o fotografo Tono Mejuto estiveron coordenando e impartindo docencia, guiando miradas educando sensibilidades e dando a coñecer técnica.

Logo distas semanas hoxe toca  poñer todo o traballo sobre as mesas e pensar como e onde dalo a coñecer. Polo que puidemos ver nos previos o material é moi subliñable.

Quedamos en impaciente espera.

Martes 28 de abril. Terceira sesión "fotografía en curso"

Logo do traballo realizado os pasados días 10 e 21, o alumnado de 4º da ESO aborda a terceira xornada de "Fotografía en curso" amosando xa or primeiros resultados na súa exposición "espazos baleiros"·

Celebrando a Paz no Aguiar

O equipo da Biblioteca (que non para) conseguíu liar, o venres 6 de febreiro a todo o alumnado da ESO nunha orixinal actividade para conmemorar á Paz deseñada polos profesores José Manuel Rey Bao e Elvira Castro Otero

Tratábase da formación no patio e coa ayuda do alumnado, da figura que simboliza a paz .

 Cada grupo de alumnos, axudados polos respectivos profesores ocupaba un espazo da figura para compoñer así o símbolo.

Mentres, dende dúas clases altas, Tomás e Lorena, alumnos de 4º da ESO rexistraban cos seus vídeos toda a maniobra. Próximamente ensinaremos o resultado.

Como colofón,  a lectura dun poema de Alberti alusivo ao tema e un pequeno concerto dalgúns alumnos de 4º dirixidos pola profesora Blanca Bello. Ocasión na que poidemos escoitar a estrea dunha nova letra  do profesor de galego, Óscar García,  para unha canción de Lennon e McCartney

Oh si, quixera ver
A alegría cruzar fronteiras
Os muros de odio esboroar
Imos cantar a paz verdadeira.
E ti, pódelo ver
O diñeiro mercar caretas
E pombas que pintan para ocultar
O sucio ruído das metralletas.
Se queres este mundo en paz
Oe ben, rapaz,
Temos que libralo da miseria
E da inxustiza e do rancor
E así, mellor,
Poder comezar a nova xeira.

[Letra de Óscar García Ramos / Música: Hey Jude Lennon & McCartney]

Carteis para "dar unha oportunidade á paz" 30.I.2015

Os alumnos de tecnoloxía presentaban, hai un par de entradas  desta web,  o seu traballo con Inkscape para celebrar o 30 de xaneiro,  o Día da Paz.

Tamén o alumnado de 3º animouse a dinamizar esta data coas súas creacións  na aula de plástica

IES Francisco Aguiar. Betanzos. Día da Paz on PhotoPeach

Os López...reporteiros gráficos.

 

Levamos varios días coa resaca informativa do 19 de decembro.

As imaxes que presentamos dos diversos actos que tiveron lugar no Instituto durante ese día foron posibles grazas ao traballo de dous alumnos que ese día aceptaron ser os nosos reporteiros gráficos.

O noso agradecemento e a felicitación polo seu magnífico traballo para Carmen López Sanmartín e Dani López Lendoiro.

 

Participación do IES Francisco Aguiar en tres Plans "Proxecta" da Xunta de Galicia

 

 

O 28 de novembro vén de publicarse a resolución definitiva dos centros participantes no Plan Proxecta da Xunta de Galicia .

No IES Francisco Aguiar confirmouse a nosa participación en tres destes plans:;

 

1.- Continuando cunha liña formativa de hai bastantes anos participaremos co alumnado de 3º da ESO no programa Quérote + dentro do Ciclo Vida Adolescente. Este ano trataranse temas arredor do núcleo: "Socializándonos" (Convivencia, uso responsable das TIC's, e fenómeno do botellón)  

 

 

2.- Animados por Mª José Doporto, responsable do Espazo Xove de Betanzos, e coa colaboración de Amparo Mejuto, do noso Departamento de Orientación, catro alumnas de 1º BAC participan nun proxecto, "correspondentes 3.0" , que trata de levar información de interés xuvenil á beira dos mesmos xóvenes no noso Instituto: taboleiros de anuncios, actividades, información xuvenil, ofertas formativas.

 

 

3.- Aproveitando tamén o traballo iniciado o ano pasado co concurso "Betanzos en Detalle", José Manuel Rey Bao profesor de Educación Plástica e Visual, coordina  ao alumnado de 4º da ESO no proxecto "Fotografía en curso". Quere ser esta actuación un achegamento ao mundo da fotografía e ás súas virtualidades estéticas e de formación dunha cidadanía crítica , dende unha actividade esencialmente práctica.

Nº 7 da nosa Revista de Banda Deseñada: "ban-de"

Como cada ano, chega o novo número da nosa Revista de Banda Deseñada, neste caso o número 7.  

Informacións técnicas, a obra de Sarela Lorenzo e suxestións do alumnado de 3º.

Descargar picando neste enlace

Distribuir contido