Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

Presentación do concurso de relato curto en galego e castelán

Mañá, xoves 23 de xaneiro, ás 12.25 terá lugar a presentación ao alumnado de 2º da ESO do Concurso de Relato Curto en galego ou castelán que patrocina Coca Cola e no que o noso centro xa ten participado noutras edicións con moi bos resultados. Ogallá desta vez sexá igual de exitosa a participación do Aguiar!

Chegou ata os nosos oídos......." Por cuatro esquinitas de nada". CEIP El Espartidero

"Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica. 

 

 


Pero neste caso imos deformar un chisquiño o sentido desta sección...  Vos presentamos o traballo dun CEIP de Zaragoza  que chegou aos nosos oídos "facebookaneros".  Pode servirnos a pais, nais e docentes  para reflexionar  sobre o noso labor educativo. Aos rapaces para repensar as relacións entre vos.

Chegou aos nosos oídos...Lucía Abarrategui. Clube de lectura e escritura radiofónica.

"Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.

 

Chegou aos nosos oídos... que a antiga alumna do "Aguiar", e flamante graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela,   Lucía Abarrategui, presenta na Librería Biblos de Betanzos un Clube de Lectura e Escritura Radiofónica. ¡Desexámoslle moita sorte!

Hora de ler. 12ª semana. 2ª hora de clase

12ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Ben abrigadiños, desexando que as mimosas que florecen nas acacias do patio anuncien xa días máis longos e cálidos, perseveramos na lectura. Velaí van unhas suxestións:

Clubes de lectura na ESO. 14 de xaneiro

O martes 14 de xaneiro comezan a súa andaina os clubes de lectura da ESO.

Debido á grande resposta do alumnado,  nalgúns grupos houbo que facer máis dun club. En 1º A e B funcionan cuatro clubes que, nesta ocasión,  leron:  "El enigma de la muchacha dormida","Os megatoxos e a espada esmeralda", "El niño con el pijama de rayas" "Mecanoscrito da segunda orixe".

En  segundo da ESO as lecturas que se po0rán en común son "Alua.com" e "Lágrimas de Sangre". En terceiro da ESO compartirán impresións sobre un libro inesquecible: "O curioso incidente do can á media noite"

Hora de lectura

11ª SEMANA [1ª SESIÓN]

*** 
Non hai que terlle medo ao frío cando quentan as mans e o maxín as páxinas dun bo libro, como os que é quen de escribir Manuel Rivas ou O Leo.

Hora de Ler. 10ª semana.

10ª SEMANA [1ª SESIÓN]

***

Comenza este segundo trimestre coa ledicia de ter recibida a visita dos Reis Magos ou Papá Noël. Repetimos autores nas suxestións:

 

Para máis suxestións de lectura non deixedes de consultar o "perigoso" blogue da Biblioteca: "Alto Risco"

Chegou ata os nosos oídos......."Historias de Betanzos" de Xosé Tomás

"Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.  

Hoxe, cun certo retraso vacacional,  damos conta de que chegou aos nosos oídos... que o ex alumno do Aguiar, Xosé Tomás Díaz Teijo, presentou o pasado 27 de decembro no Salón Azul do Liceo o primeiro volumen de "Historias de Betanzos". Unha obra de banda deseñada no que comeza o seu repaso por algúns aspectos da historia da nosa cidade.  O seu afán didáctico (non en van é compañeiro nas lides educativas como profesor de Inglés)  levouno a engadir tamén  un pequeno caderniño de traballo-guía de observación.

Noraboa a Xosé Tomás por este libro -e por todo o seu traballo-  do que Betanzos e o seu vello Insti' se sinten ben orgullosos.

 

E xa sabedes... dádenos a coñecer noticias relativas á grande (e espallada polo mundo mundial) comunidade educativa do Aguiar. 

Distribuir contido