Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

Tsunami de lectura no mediodía do "Aguiar"

De novo o martes 11 de marzo unha marea lectora ameaza sulagar enteiramente o IES Francisco Aguiar.

Todos os participantes nos clubes de lectura da ESO pensan realizar unha gran xuntanza ( que xa chaman " a quedada") no mediodía nas instalacións do Instituto (desta vez, ao mellor, ata poden disfrutar do sol)

Como xa fixeran no primeiro trimestre, compartirán viandas, risas e lecturas. 

Tempo de Lectura ... 19ª semana

19ª SEMANA [3ª SESIÓN]
É un pracer apreciar a inminente chegada da primavera... Saír á rúa, ler ao sol ese libro que temos pendente.

Mágoa que nós no instituto non podamos poñer a broncear os pés...
Para os que esqueceron traer o súa lectura, ahí van as propostas da semana: un conto de Xosé Luis Méndez Ferrín e un relato de Emilio Gavilanes.

¡ Onte atopouse un "cadáver exquisito" en 4º D !

¡Que non cunda o pánico! ¡Non é que teñamos un asasino en serie merodeando polos andeis do Aguiar!

"Cadáver exquisito" é un xeito de creación colectiva de textos e imaxes  que consiste en plasmar ( inicialmente a través da escrita) unha idea, sentimento, imaxe.... a continuación doutra sen coidar da coherencia ou do sentido que o resultado final puidiera ter. Escríbese nun papel, dóblase (de xeito que fique agachado o escrito) para que o seguinte autor continue a obra. Ao final desprégase o papel para coñecer o resultado. A técnica pronto pasou da escritura ao debuxo e ao "collage". O xogo foi popularizado -a partir dun antigo pasatempo de salón- polos membros da corrente surrealista ( Breton, Paul Éluard o Tristán Tzara) a principios do siglo XX e recibe o seu nome da que se considera que foi a primeira oración creada a partir deste método: "El cadáver exquisito beberá el vino joven".

Os "surrealistas" alumnos e alumnas de 4º D,  acompañados pola súa profesora de ámbito, Concha Barrilero, deron en confeccionar un par destes cadáveres, un na versión textual e outro na gráfica, que agora vos presentamos.

Labios de carmín,

ojos color mar,

piel blanca como nieve,

manos de cristal,

eres perfecta como un diamante,

eres perfecta como una flor en primavera,

hermosa y vivaz.

Eres como la estrella fugaz que cruza el firmamento,

brillante y rápida

un amor de verano

intenso y fugaz

eres como la nieve en verano

mágica y extraña

como la luna que sale en las mañanas

y el sol de todas las noches

las lágrimas de las nubes

que sueltan toda su rabia

esperando a que salga el sol

con toda su magia

y se acaben las lágrimas

y se despeje el cielo

y tus manos acaricien mi pelo

y tus labios me recorran el cuerpo

y tu boca que calle el silencio

¡y tú!, regálame ese beso.

 

Rosmery, Cinthia, Cintia, Sara, Nicole

4º ESO - D

 


Tempo de Lectura ... 18ª semana

18ª SEMANA [1ª SESIÓN] 
Nesta media semana lectiva na que algún anda remexendo aínda a roupa no armario, engadimos ás propostas da semana anterior (o relato de Olga Patiño e os poemas de Benjamín Prado e Jorge Manrique)  e un microrrelato de Ramón Gómez de la Serna:
 ***

INVENCIÓN DEL CARNAVAL

   En aquel primer Carnaval del mundo, cuando aún no existían más seres humanos que los que componían la primera pareja, Adán sintió ganas de disfrazarse para dar broma a Eva, y tomando un pámpano, le abrió los dos agujeros de los ojos y lo convirtió en careta. Después envolvió su cuerpo en grandes hojas de tabaco y de esa guisa se dirigió a Eva.
   Eva, un poco sorprendida ante aquella voz de falsete que le preguntaba con insistencia: "¿Quién soy?, ¿quién soy?", respondió:  
—¡Pedro!
Irene Andres-Suárez, Antología del microrrelato español (1906-2011). El cuarto género narrativo, Cátedra, Madrid, 2013, p. 127.

Tempo de Lectura ... 17ª semana.

17ª SEMANA [1ª SESIÓN]
Ata o día de hoxe viñemos propoñendo varias suxestións de lectura. 
Teremos que deixar de facelo? 
Lecturas sucesivas, non lecturas simultáneas...

Chegou ata os nosos oídos......."Martini Seco", Juan Vázquez e a Agrupación Teatral Mariñán

Chegou aos nosos oídos ,,,, que Juan Vázquez ( o primeiro pola esquerda na imaxe de cabeceira) , ex alumno   e  tamén ex profesor de Lingua e Literatura Castelá do IES Francisco Aguiar e hoxe profesor da dita materia  en Pontedeume,  presenta o sábado 22 de febreiro obra de teatro xunto coa Agrupación Teatral Mariñán.

Juan é socio fundador e "alma mater" da dita Agrupación Teatral que cumpre este ano o seu 20 aniversario. Grazas ao labor deste incombustible grupo de amantes do teatro, cada ano polo mes de febreiro,  temos a oportunidade, e o pracer, de disfrutar dun Festival de Teatro Afeccionado ( imos xa pola V edición) . Este ano  participaron nel  Andaravía Teatro que presentou a súa obra "República de Guntián"; Tangatutanga de Santiago cunha espactacular representación do "drama histórico políticamente incorrecto"  "Urraca"; e a  Compañía Municipal de Teatro de Sada co clásico de Buero Vallejo "Historia de una Escalera".

O sábado 22 de febreiro toca o turno aos anfitriones. A Agrupación Teatral Mariñán estrea a súa posta en escena de "Martini Seco" . Será ás 20 h. na Aula de Cultura Xulio Cuns do Concello de Betanzos.

Crónica "cega" do día dos namorados no Aguiar

 

ROMANCE DE CEGO

Eu sonlles un pobre cego

que perdín a miña vista,

mais manteño o meu enxeño

que permite a miña vida.

 

Veñan señores e escoiten,

farei que lles entren ganas;

que eu sei os cantos mellores,

e as historias máis estrañas.

 

O día dos namorados

moitas cartas se mandaron

a rapaces e rapazas,

na biblioteca acabaron.

 

Todos coma tolos ían

correndo a buscar as súas

para ver cantas persoas

lles deixaran a eles unha.

 

Algúns recolleron moitas,

outros poucas cartas tiñan,

a un neno que eu ben coñezo

non houbo quen lle escribira.

 

Coa vergonza que lle deu

correndo fuxiu axiña,

non volveron velo máis

ata á hora da saída.

 

Aos amigos comentaba

que iso todo eran parvadas,

que el era moito máis listo,

non quería trapalladas.

 

Todos che saben ben que iso

é porque ninguén o quere,

pois se non é bon amigo

ben pouco amor nos merece.

 

Pouco a pouco vou chegando

ao final deste cantar

feito polo voso cego

que xa vos ten que deixar.

 

Paula Sánchez Regueiro, Nº 26, 1º C


Do noso blog "Larpeirando Palabras. Blog de Aula de literatura e Lingua galega"

Chegou ata os nosos oídos......."Silencio Habitado", poemario de Olga Patiño

Chegou aos nosos oídos... que a escritora e ex profesora do "Aguiar, Olga Patiño Nogueira , presenta novo poemario baixo o título "Silencio Habitado",  que edita Pigmalión Edypro

Lodo de dalo a coñecer en novembro en Madrid e, máis tarde, na librería Arenas da Coruña, Olga non podía deixar de presentarnos a súa creación en Betanzos. Será na tarde do xoves 20 de febreiro na libraría Biblos.

Unha nova ocasión para disfrutar da calidez humana de Olga e da súa palabra poética .

Las Maestras de la República

PILAR PÉREZ SOLANO, Las Maestras de la República, FETE UGT / Transit Producciones, Madrid, 2013, 63 minutos.

 

Sempre é ilusionante que os profesores do IES Francisco Aguiar queiran facer noso o seu. Neste caso a doazón chega das mans de Victoriano Rodríguez, profesor do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing: Las Maestras de la República ven de recoller o premio Goya á mellor película documental do ano 2013.

Pola memoria que reconstrúe, pola testemuña dun tempo que puido supoñer a conexión do noso país con Europa, polas raices dos movementos de Renovación Pedagóxica, pola heroicidade de querer convertir a educación nunha ferramenta para desmontar unha sociedade clasista e masculinizadora, pola vixencia dos postulados... En fin: por todos os motivos que seguen a movernos a loitar por unha Educación Pública de Calidade que equipare as posibilidades de todos os alumnos... convén visionar este magnífico documental, que queda xa a vosa disposición na Biblioteca do "Aguiar".

Hora de lectura. 6ª hora

16ª SEMANA [6ª SESIÓN]
Non é unha pelexa. Os libros dialogan. Intertextualidade...

  • O relato no que Xosé A. Neira Cruz indaga sobre un dente de Rosalía de Castro, ten moi en conta a célebre historia do Ratiño Pérez, narración que Luis Coloma escribira pensando no futuro rei Alfonso XIII.

Quen pode pensar que dous libros pelexen...! 

Distribuir contido