2º ESO

Obradoiro de intervención socioeducativa nas aulas (II)

09/04/2021 07:35
09/04/2021 11:25
Etc/GMT+2

Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas legais (alcohol e tabaco) para 1º D e no cannabis, para 2ºA e 2ºB, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.

  • 1º D, de 9:34 a 10:25
  • 2ºA, de 10:40 a 11:30
  • 2ºB  de 12:35 ás 13:25

Experimento resitencia a compresión de diferentes perfiles de cartulina (Estruturas 2º ESO)

Mesmo material na mesma cantidade e sometido ao mesmo esforzo, soportan diferentes cargas en función da súa forma.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Resistencia de perfiles a compresión (Tecno 2º ESO)

Salvando as ''distancias'' en Tecnoloxía: experiencias coa ponte autoportante de Leonardo da Vinci en 2º ESO

Leonardo da Vinci (1452-1519) tivo un enxenio creativo desbordante: pintor,  anatomista, arquitecto,  paleontólogo, artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista. Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil.

Dende Tecnoloxía en 2º da ESO decidimos acercarnos un chisco á súa figura, saltando unha distancia no tempo, para centrarnos nunha das súas sorprendentes invencións, unha das súas máis enxeniosas pontes para salvar distancias no espacio. Trátase da súa ponte autoportante, un deseño que por si mesmo, sin clavos nin pegamento é capaz de aguantar unha grande cantidade de peso como pode verse nos vídeos que se ligan a continuación:

Este curso, polo motivo de desinfectar e de empregar material individual, nós estamos a imprimir as nosas propias pontes en 3D segundo a nosa adaptación do modelo, que podes atopar se desexas reproducila en Thingiverse. O plástico empregado é PLA e desinféctase con facilidade, aínda estamos a fabricar e a construir na clase os nosos modelos pero, estamos tan entusiasmados co resultado que queriamos compartir esta experiencia convosco.

Atreverémonos no futuro a facer unha ponte a maior escala con madeira? Lanzarémonos a modelar un domo autoportante? O de salvar distancias espazo temporais eticsbeta aprender de deseños perfectos do mundo antigo é algo que cautiva e engancha, .... logo, xa se verá.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ponte autoportante de Leonardo da Vinci (tecnoloxía 2º ESO)

Práctica de baloncesto. Plan Proxecta. Proxectos deportivos PDC


 

O plantel do equipo infantil feminino do Santo Domingo quedou bastante mermado pola pandemia. Por iso, o clube púxose en contacto co IES Francisco Aguiar para impartir unha sesión de baloncesto a todos os grupos de 1º e 2º de ESO.

O obxectivo da actividade era dar a coñecer a actividade desenvolvida polo clube e de paso intentar captar vocacións deportivas entre as nenas.

Esperamos que moitas nenas se animen a practicar baloncesto nas filas do Santo Domingo.

 

'Monicreques de Reciclaxe' unha exposición dos proxectos de Tecnoloxía de 2º ESO curso 2020-21

Álbum: Curso 2020-2021 -> Monicreques de Reciclaxe

Vídeo cos resultados da enquisa Toleou o tempo? do proxecto Meteoescolas do alumnado de 2º da ESO

Vídeo cos gráficos dos resultados da enquisa de Toleou o tempo? feitos polo alumnado de 2º da ESO do IES Francisco Aguiar de Betanzos no curso 2019/20, dentro do Proxecta de Meteoescolas.

Sente o pulo do Aguiar, na casa tamén hai deporte

Compartimos con vós este vídeo de alumnado de Educación Fisica de 2º e 4º da ESO do profesor Leonardo Piñeiro, ensinándonos á importancia do deporte para manter a nosa saúde tamén en tempos de confinamento.

 

pulo

sustantivo masculino

Forza que fai que algo se mova.

Sentide con nós o pulo do Aguiar.

#descubre Non bloquees a túa saúde mental. Obradoiro para 2º ESO a cargo da asociación APEM Betanzos

descubre

 

"# Descubre. Non bloquee a súa saúde mental ”é un programa de sensibilización e prevención sobre saúde mental e adiccións desenvolvido pola Confederación de SAÚDE MENTAL DE ESPAÑA e financiado polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

O obxectivo do programa #Descubre é ofrecer información actualizada e imparcial con perspectiva de xénero orientada á importancia da saúde mental, así como aos factores de risco do consumo de drogas e á posible relación entre eles. Ademais, preténdese concienciar sobre o papel importante que xogan diferentes actores dentro do sistema educativo no desenvolvemento persoal dos menores.

 

 

 

Día Hora Grupo
martes 18/02 de 10:40 a 11:30 2ºC
martes 18/02 de 11:30 a 12:20 2ºB
mércores 19/02 de 10:40 a 11:30 2ºD
mércores 19/02 de 11:30 a 12:20 2ºA

Plan director. Charla sobre Acoso Escolar para alumnado de 2º ESO curso 19-20

plan director

 

 

Á volta das vacacións de Nadal, o vindeiro mércores 8 de xaneiro de 2020

Charla dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión destinada a alumnado de 2º da ESO para charlar acerca do Acoso Escolar.

8 Xaneiro
2º D
de 9:35 a 10:25
2º C
de 10:40 a 11:30
2º B
de 11:30 a 12:20
2º A
de 12:35 a 13:25

#Betanzosennegro Fotografías da concentración dos IES de #Betanzos #ennegrocontraaviolenciadexénero

Fotografías do acto no que alumnado dos IES Brigantinos gardou un minuto de silencio e leu diferentes textos para concienciar sobre a necesidade de loitar contra a violencia exercida sobre as mulleres.

Agradecementos a Marta Penalonga Chao que, en Educación Plástica e Visual, elaborou a pancarta 'Aguiar en negro' nun tempo récord.

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> 22N Concentración contra á violecia machista
Distribuir contido