2º ESO

Obradoiro para a prevención de drogodependencias 2º ESO (prevención do consumo de cannabis) curso 19-20

prevención cannabis

O mércores 6 de novembro de 2019 comezamos ,para 2º da ESO, os obradoiros sobre Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizados polo Concello de Betanzos dentro do seu Plan de Prevención de Condutas Adictivas. 

mércores 6 novembro ESO 2º D 10:40 a 11:30

mércores 6 novembro ESO 2º A 11:30 a 12:20

luns 11  novembro      ESO 2º B 10:40 a 11:30

luns 11  novembro      ESO 2º C 11:30 a 12:20

Concello Betanzos

Parabéns a Javier de 2º da ESO: 2º clasificado concurso Jóvenes Talentos 2019 por A Coruña

Hoxe, felicitamos a Javier Sánchez Gómez de 2º da ESO, pola súa clasificación no concurso de relato curto Jóvenes Talentos de Coca Cola ao que concurriu da mán da súa profesora Elvira Castro.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Premios Concurso Relato Coca-Cola Jóvenes Talentos

Ruta Val do Mandeo cos 2º da ESO

Os pasados 30 e 31 de maio, o alumnado de 2º da ESO fixo unha ruta na compaña de José A. Valverde, polo Val do río Mandeo. Natureza, compañerismo, esforzo, deporte, e uns días quizás de demasiado calor acompañaron aos expedicionarios.

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Ruta Val do Mandeo

Galería fotográfica. Matemáticas Brigantinas. Cálculo de medidas de monumentos de Betanzos con 2º ESO

Preme na imaxe e navega coas frechas. Tamén podes acceder ao álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Matebrigantinas

Día das #letrasgalegas 2019: A figura de 'Antón Fraguas' narrado para os 2º da ESO

Xoves 16 de maio de 2019.

De 10:40 a 11:30, no salón de actos, a actriz e contadora de historias, Soledad Felloza co espectáculo 'Do teu xardín', acerca ao alumnado dos 2º da ESO a figura de Antón Fraguas, homenaxeado neste día das letras galegas 2019.

Antón Fraguas

Matemáticas Brigantinas. Cálculo de medidas de monumentos de Betanzos con 2º ESO

CAMBIO DE DATAS POLAS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS

Saídas didácticas organizadas polo departamento de Matemáticas. Os profesores dos diferentes grupos de 2º da ESO, Pilar Vázquez, Miguel Regueiro e Natalia Pou acompañarán ao alumnado para, empregando a relación de semellanza, realizar medicións de diferentes monumentos representativos da nosa cidade neste 800 aniversario tan importante para todos.

Grupo Día Horario Profesorado acompañante
ESO 2ºA mércores 15 maio de 11:30 a 13:25

Pilar Vázquez

Miguel Regueiro

ESO 2ºB xoves 23 maio de 8:45 a 10:25

Natalia Pou

Miguel Regueiro

Isabel Andrade

ESO 2ºC mércores 15 maio de 10:40 a 12:20

Pilar Vázquez

Miguel Regueiro

ESO 2ºD martes 14 maio de 10:40 a 12:20

Pilar Vázquez

Miguel Regueiro

 medicion alturas betanzos

Javier Sánchez Gómez de 2º ESO á final galega do Concurso de Relato Curto de Coca Cola

O noso alumno Javier Sánchez Gómez [2º ESO C] é un dos Jóvenes talentos de Relato corto, o concurso Coca Cola. Agora, despois de gozar deste momento, tocará esperar á final galega, onde todo pode pasar. Parabéns a Javier (e a súa profesora Elvira).

concurso relato corto concurso relato corto

#Musiqueando2019 #nosimportalamusica Vídeo da actuación do alumnado de 2º ESO nos soportais da Biblioteca

Compartimos con todos vos a actuación do alumnado de 2º de ESO o pasado xoves 11 de abril. Con esta actuación sacamos a música fóra do aula, tal coma propón a convocatoria feita pola COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical). Agradecer aos profesores de Música a súa implicación e o seu bó facer na formación musical do noso alumnado. Parabéns!

Ángel Arcay Barral e o misterio do parque do Pasatempo

O pasado luns recibimos no centro a Ángel Arcay Barral, respondía á chamada de Elvira Castro e Carmen Suárez de Lingua Castelá e Galega respectivamente que propuxeron ao alumnado de 1º e 2º de ESO a elaboración de relatos curtos de misterio ambientados no parque do Pasatempo.

Como todo bó escritor/a tén que documentarse, Ángel acudiu para axudarnos a comprender a historia e ademáis, deixou unhas 'xoias' para que o alumnado se documente con calma, en forma de conta de Instagram @betanzos800pasatempo e en forma de blog https://pasatempoaguiar.wordpress.com/.

 

Por todo o seu traballo e a extensa labor didáctica que Ángel e a Asociación de Amigos Parque do Pasatempo están a facer na recuperación do parque.

Grazas!

Álbum: Actividades 2018-2019 -> 'O Pasatempo' , charla co historiador Ángel Arcay Barral

Participación do 'Aguiar' no concurso de relato curto Coca Cola 2019

Unha selección de alumnos e alumnas de 2º da ESO, participou no 'Concurso de Relato Curto de Coca Cola' acompañados pola súa profesora Elvira Castro Otero.

Temos que felicitarvos xa pola vosa participación nesta enriquecedora e doce experiencia.

 

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Concurso Relato Curto Coca Cola
Distribuir contido