2º ESO

Estructuras famosas traballo colaborativo con LibreOffice Writer 2º ESO

Publicamos os traballos que fixemos en Libre Office Writer para o tema de estructuras. Cada un de nós elexiu unha estructura (ponte, edificio, estadio...) e buscou unha fotografía e información de interese acerca de ela. Agardamos que vos guste.

Presentación do concurso de relato curto en galego e castelán

Mañá, xoves 23 de xaneiro, ás 12.25 terá lugar a presentación ao alumnado de 2º da ESO do Concurso de Relato Curto en galego ou castelán que patrocina Coca Cola e no que o noso centro xa ten participado noutras edicións con moi bos resultados. Ogallá desta vez sexá igual de exitosa a participación do Aguiar!

Inciativas solidarias na ESO

 

 

 

Ningún hombre es una isla entera por sí mismo.

Cada hombre es una pieza del continente, una parte del todo.

(...)

Ninguna persona es una isla;

la muerte de cualquiera me afecta,

porque me encuentro unido a toda la humanidad;

por eso, nunca preguntes por quién doblan las campanas;

doblan por ti.

 

John Done (1572-1631)

 

Nos tempos difíciles que estamos a vivir é unha satisfacción anunciar que un grupo de alumnos e alumnas de 2º D da ESO  decidiron organizarse para colaborar con diversas ONG's e institucións solidarias.

Xa o fixeron con Cáritas de Betanzos facendo entrega dunha aportación económica. Preparan tamén unha recollida de alimentos no Instituto que farán chegar á Cruz Vermella, e mesmo pensan cociñar rosquillas que venderán  no Instituto,  acadando así  cartos para esta colaboración solidaria.

Traballos sobre madeiras naturales en 2º de ESO con Libre Office Writer

 

Publicamos os traballos que fixemos en Libre Office Writer para o tema da madeira. Folla a folla, páxina a páxina, árbore a árbore, tod@s cunha pequena contribución fixemos un bosque enteiro. Agardamos que vos guste.

2ª xornada do Plan de Mellora da Convivencia.

 

No marco do Plan de Mellora da Convivencia Escolar, o venres 25 de outubro retomamos as charlas sobre os riscos  de internet .

Neste caso serán os grupos de 2º da ESO os que asistirán  a estas sesións informativas e participativas durante as horas centrais da mañá.

CONCURSO RELATO CORTO COCA-COLA

 

 

 

 

A alumna Gala Sofía Sánchez Rodríguez, resultou premiada no concurso Relato Corto, do sector Coruña,  que organiza Coca-Cola.

O vindeiro día 7 de xuño será a entrega de premios provinciais en Santiago de Compostela, e darase a coñecer o premio Autonómico.

                                                                                            ¡NORABOA!

 

Campeonato de futbito

22-06-2012

depor

No pavillón polideportivo do centro, de 10:30 a 12:40. Organizado por Delia Vázquez ca participación de alumnado de 1º e 2º da ESO.

 

 

 

 

Actuación Musical no Salón de Actos

22-06-2012

grupo musical

 

 

Organizada polo alumnado de 2º de ESO e Vicedirección. De 13:10 a 12:00 actuación dun grupo musical no salón de actos. Actividade destinada a alumnado de 1º ciclo da ESO.

Distribuir contido