2º ESO

Xesús Fraga no Aguiar: 5 "W's" e 3 "C's"

 

Un periódico é unha fiestra na que nos asomamos ao mundo. O periodista asoma á dita fiestra e conta con claridade, concisión e corrección o que ve (what) os seus protagonistas (who), o momento e o lugar (where, when) e a explicación do que está a presenciar (why).

 

Que puido traer de volta ao Aguiar a un dos seus ex alumnos, o periodista Xesús Fraga? Simplemente o relato dun montón de ideas interesantes sobre o periodismo e unha chea de experiencias personais.

 

O pasado venres 3 de novembro o noso Salón de Actos enchíase de alumnos e alumnas de 2º da ESO para escoitar atentamente a Xesús Fraga. 

Seica, oxalá,  o entusiasmo con que se dirixíu ao atento público prenda nalgúns dos escoitantes en forma de futuro/a periodista?

E logo da feira matemática.... Olimpiada matemática para 2º da ESO. 27.IV.2017

O pasado sábado case 20 dos nosos alumnos participaban na IX Feira Matemática Galega que se celebraba nas instalacións de Palexco en A Coruña. Presentaban, coas seus profesores José Antonio Varela( auténtico clásico nestas lides) e Diego Felix Armesto, sudokus xigantes e hipercubos.

O xoves 27,  8 alumnos e alumnas de 2º da ESO completan experiencia coa súa participación na Olimpiada matemática galega para 2º da ESO que terá lugar no IES Otero Pedraio de A Coruña. Estarán acompañados polo seu profesor Diego Felix Armesto

Mércores da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Se o martes da Semana da Ciencia estivo cheo de interesantes experiencias:

  • coches que seguen o trazado dunha liña debuxada no chan,
  • ordenadores que fabrican obxectos de tres dimensións,
  • experimentos "cuasi" máxicos para entender algo da meteoroloxía,
  • Clásicos e tuneados xogos tradicionais como os da Oca ou os de procura na Biblio
  • esqueletes que poboan os corredores por efecto dunha alimentación excesiva en azucres
  • magnéticos campos xiratorios qued nos atrapan
  • paneis para explicar a reserva da Biosfera e o Turismo de Natureza
  • conferencias para reflexionar sobre a posibilidade dun turismo sostible nos eidos económico, social e ambiental

...o mércores promete non quedar atrás

Martes da VIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Continúa a tolemia científico-tecnolóxica no Aguiar cun programa que abarca dende o clima ata a impresión en 3D,  pasando por campos magnéticos e os coches segueliñas ou pola reflexión sobre o consumo de azucre....e hoxe, moi especialmente, un interese especial no asunto do turismo,  posto que este ano 2017 foi declarado pola ONU Ano Internacional do Turismo Sostible 

Pareados "aerostáticos"

Parabéns ao alumnado TAN PARTICIPATIVO!, 

a Silvia Carro e Elvira Castro pola iniciativa ,

e tamén a Silvia pola mimada edición do vídeo.

"Chouting & Smiling" un novo deporte no Aguiar

Polas fotografías que nos remite Edda é doado deducir que a visita ao "megajump" dos grupos A e D de 2º da ESO do día 30 de marzo foi un éxito e  deixou caras de ledicia (tamén en Paula e Delfina)

E o 20 e 21 de febreiro abriron actividade os alumnos e alumnas "choutantes" de 4º ESO

E os globos fixéronse poesía

Incansables na tarefa de alentar á lectura e á escritura, Silvia CarroElvira Castro.

 

Entusiastas seguidores das súas propostas os seus alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO.

 

Fermosa e, sempre coidada, a presentación de José Manuel Rey Bao.

O equipo, en suma, ...inmellorable

 

 Revoloteando arredor do día da poesía, dende o Aguiar eleváronse ao ceo decenas de globos coas creacións do noso alumnado.

 

Ruta polos canóns do Eume. Febreiro 2017

O mércores 22 de febreiro o alumnado de ESO 2º B e C terá ocasión de disfrutar dunha das saídas á natureza máis espectaculares das que programa cada curso  o Departamento de Educación Física.

 Paisaxes de impresión,

paleta infinda de cores,

natureza exhuberante,

baixadas por costas imposibles

(esvaróns e "culetadas" incluidas no prezo Guiño),

arqueoloxía industrial no medio do monte,

momentos de silencio e observación "mindfullnesera".

 

É a ruta polos canóns do Eume que dirixirá, unha vez máis, o profesor Pepe Valverde. 

Distribuir contido