2º ESO

29 de abril. Manifesto no Día Europeo da Solidariedade Interxeracional

 

 

Nós, os novos 

E nós, os non tan novos

 

Manifestamos:

1. Que cada unha das nosas engurras son sucos da historia onde medra riqueza.

2. Que cando a mocidade e os maiores nos tendemos as mans, a enerxía transfórmase e alumea os nosos pasos.

3. Que o que din os libros é máis certo cando os seus protagonistas nolo contan.

4. Que a nosa identidade se perde se ninguén escoita as persoas maiores.

5. Que demandamos espazos en que atopármonos persoas de todas as idades, para convivir e aprender.

6. Que o noso presente non existiría sen o que soñaron as persoas maiores, que o futuro da mocidade non existirá se non sabemos polo que eles e elas loitaron.

7. Que entre maiores e mozos non hai distancia. Que xuntos construímos unha nova paisaxe de diálogo e respecto.

8. Que algún día, aínda que os máis novos non o imaxinedes, seredes coma nós.

9. Que xuntos traballaremos, desde hoxe, para que chegado ese día todos valoren a nosa experiencia.

10. Hoxe asinamos, todos xuntos, que comezamos un novo camiño, da man.

Presentación do Video-Manifesto pola Solidaridariedade Interxeneracional. 28.IV.2016.

 

 

Nas semanas pasadas, os alumnos e alumnas de 2º da ESO do IES Francisco Aguiar estiveron a participar nun proxecto de colaboración co Centro de Maiores  de Betanzos.

 

Como resultado diste traballo propúxoselle ao noso Instituto participar na gravación dun “spot” para conmemorar o “Dia Europeo da Solidariedade Interxeneracional” que se celebrará o vindeiro venres 29 de abril. 

 

O Xoves 28 na sede de Afundación Abanca en A Coruña  terá lugar unha rolda de prensa para materializar a presentación oficial de dito “spot” no que son protagonistas os voluntarios do Centro de maiores e un grupo dos nosos alumnos. 

Pablo del Río Sánchez

Andrea Cortés Enríquez

María Dans Castro

Ainhoa Owona García

Daniel Becerra Mosquera

Franz Carro Barreiro

Noel Maximino Freire Mahía

Yasmín Pernas Días

Gabriela A. Rodríguez Feliz

Jorge Piñero Fachal

Andrés Porcas Suárez

 

DESEXANDO PODER VER AOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS PROTAGONIZANDO TAN FERMOSA  INICIATIVA

 

Oito do Aguiar na quincuaxéximosexta edición

Oito alumnos e alumnas do Aguiar participaron o venres 8 de abril na quincuaxéximo sexta edición do concurso de Xoves Talentos do Relato Curto que convoca a empresa Coca-Cola.

Trátase dunha convocatoria na que o noso instituto vén participando dende hai varios anos (e con notable éxito) sempre co ánimo de profesores de Lingua Castelá e Lingua Galega como  Elvira Castro ou Carmen Suárez. Noutras edicións resultaron premiadas, entre outros: Gala Sofía Sánchez, Clara Veiga, Violeta Silva, Paula Sánchez Regueiro...

Premiadas o pasado ano: Paula Sáchez e Violeta Silva

Agardamos que, desta volta, fosen igualmente  ben as cousas e, sobre todo, que os nosos alumnos tivesen unha boa experiencia de convivencia e escritura.

 

Primeiras imaxes da saída didáctica aos Ancares. 7-8 abril.2016

 

As primeiras imaxes que Pepe Valverde e Delfina Ruibal remítenos dende Os Ancares amósannos a ledicia da rapazada xogando coa neve...disfrutanmdo da convivencia nun entorno tan maravilloso como o que se disfruta en Degrada dos Ancares.

 

A primeira sensación, pois, que sentimos dende Betanzos...ENVEXA!

7 e 8 de abril. Saída didáctica á serra dos Ancares.

Os vindeiros días 7 e 8 de abril os Departamentos de Educación Física, Lingua Galega e Ciencias Sociais teñen programada unha saída didáctica interdisciplinar á Serra dos Ancares. Participarán nela 23 rapaces e rapazas de 2º ESO dos grupos B e D acompañados polos profesores Pepe Valverde e Delfina Ruibal.

Trátase dunha experiencia que pretende aunar a convivencia provocada pola estancia de dous días na montaña con aspectos curriculares relativos á toponimia, etnoloxía, xeografía  e ao propio coñecemento do corpo , aspectos todos eles implicados nunha saída destas características.

 

Carmen Yáñez . Mención especial en Microrrelatos de Prensa-Escuela

Unha vez máis estamos de noraboa coa nosa canteira de escritoras . Nesta ocasión é por Carmen Yáñez, alumna de 2º da ESO que acaba de ser distinguida cunha Mención Especial no II Concurso de microrrelatos de Prensa-Escuela que convoca o diario La Voz de Galicia.

Tratase dun exercicio literario que recibe o seu impulso dunha noticia operiodística. Nesta ocasión Carmen inspirouse no drama dos refuxiados sirios que enche de tristeza, e moitas veces de vergoña,  os nosos diarios.  Unha vez máis o traballo cotián de profesores, como Elvira Castro, coa prensa agroma en resultados estupendos de creatividade.

Las puertas de la Libertad

¡Llevamos aquía tanto tiempo!¡No sé que pensar de esta gente!¿Me ayudan a sobrevivir o me invitan a morir?

Carmen Yáñez

O valor da experiencia. 2ª sesión de encontro interxeracional sobre emigración . Xoves 31 de marzo

O xoves 31 de marzo retomamos o traballo interxeracional cun novo encontro sobre a emigración. De novo o grupo de voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos terán a oportunidade de dialogar co noso alumnado de 2º A sobre a emigración.

Desta volta con dúas novidades:

  • teremos como apoio unha interesante exposición fotografica proporcionada pola Fundación ABANCA,
  • e por outra banda esta vez serán un grupo dos nosos alumnos e alumnas  os que exporán as experiencias de emigración que recolleron de familiares próximos. 

Paralelalmente grabarase un spot cun manifesto pola solidaridade interxeracional.

Prensa Escola no Aguiar

É triste condición dos seres humanos que nos  afagamos ás cousas por máis importantes que poidan ser,   e chegamos a considerar rutinario aquilo que debía ser valorado sempre como extraordinario. É o que ocorre coa participación, máis que veterana do Aguiar, no programa prensa-escola da Voz de Galicia.

 

Cada semana os nosos alumnos do primeiro ciclo da ESO teñen a oportunidade de recibir a prensa e dispoñen dun anaco de tempo para ler e traballar con ela nas aulas. O labor do departamento de Lingua Castelá e das súas profesoras é, neste sentido, imprescindible. 

Encontro "O valor da experiencia": Fálame da emigración

O venres 4 de marzo terá lugar o derradeiro encontro ( a pasada semana xa tiveron lugar con tres grupos de 2º da ESO) da primeira fase dun proxecto ( O valor da experiencia) que está a ser moi instructivo e agradable para os alumnos e alumnas de 2º da ESO do Aguiar.

Trátase da participación en encontros para  expoñer experiencias sobre a emigración. O venres entre a 3ª e a 4ª hora serán os alumnos e alumnas de ESO 2º B acompañados polo seu profesor Xosé Luis Mosquera e polos voluntarios do Centro de Maiores de Afundación os que protagonizarán esta interesante experiencia.

Das sesións da pasada semana xa podemos dispoñer de

Proxecto ínterxeracional "O Valor da Experiencia"

O Departamento de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia,en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social está a desenvolver un proxecto interxeracional, co título "O Valor da Experiencia", no que se implican voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos e alumnado de 2º ESO do noso IES Francisco Aguiar. 

O proxecto busca poñer en contacto á xeneración dos nosos maiores e dos nosos nenos para realizar conxuntamente unha investigación sobre o tema das migracións. Nela emprégase como elemento esencial a experiencia migratoria dos voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos que por medio de dous encontros con rapaces tratarán de dar a coñecer ás xeracións máis novas tan rica experiencia.

A actividade desenvólvese con cada un dos grupos de 2º ESO en dúas sesións. A que agora nos ocupa será a primeira ( que terá lugar os días 25, 26  de febreiro e 4 de marzo) e consistirá nun encontro con nove persoas maiores . Logo das presentacións de rigor poderemos ver o documental  "América o el Shangai" . De seguido nove voluntarios do Centro de Maiores narrarán aos rapaces a súa experiencia e someteránse a cantas preguntas lles queiran formular. 

 

América o el Shangai. Juanma from Project 7 Films on Vimeo.

Distribuir contido