Educación Física

RCP na aula

 

Durante as últimas dúas semanas todo o alumnado da ESO e 1° de Bacharelato participou na actividade "RCP na aula", que forma parte do Plan Proxecta e está incluída este ano no Club de Ciencia.

 

O CEFORE cedeu dous maniquíes e un desfibrilador de prácticas para realizar a actividade. Os maniquíes do CEFORE complementaron o adquirido polo centro en datas próximas. 

Álbum: Curso 22-23 -> RCP na aula_22_23

Xornada de Fútbol Sala feminino en Monfero

 

 

A Consellaría de Educación promove o deporte xuvenil a través do programa "Xogade". Unha das iniciativas consiste na celebración dunhas xornadas dedicadas ao Fútbol Sala feminino.

 

Na primeira das xornadas, celebrada o pasado 19 de xaneiro, unha selección de alumnas de 2º de ESO do IES Francisco Aguiar participou en varios partidos, na categoría Infantil e Cadete, no Polideportivo de Monfero.

 

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Xornada Fútbol Sala Feminino - "Xogade"

Campionato de fútbol Sala en Monfero

 

Unha selección de alumnas de 2º de ESO participou hoxe nun campionato de fútbol sala feminino celebrado en Monfero. 

As rapazas do IES Francisco Aguiar pasárono moi ben. Haberá que repetir logo a experiencia!

 

 

Campionato de Fútbol Sala Feminino

19/01/2023
Etc/GMT+2

Dentro da iniciativa "Xogade", unha campaña de actividade lúdico deportiva, unha selección de alumnas de 2º de ESO e de 3º de ESO participarán nun campionato de fútbol que se celebrará en Monfero.

Actividades deportivas. Nadal 2022

 

Na última semana do trimestre, o Departamento de Educación organizou un torneo de voleibol feminino. Aquí tedes un pequeno vídeo.

Por outro lado, o Departamento de Educación Física organizou tamén un campionato de fútbol sala masculino, do que tamén temos un vídeo.

Deixamos aquí a foto do equipo gañador, 1º C de Bacharelato.

Campionato de fútbol

22/12/2022 09:00
22/12/2022 12:00
Etc/GMT+2

Os grupos de 3° e 4° de ESO e os de 1° e 2° de Bacharelato celebran un campionato de fútbol. 

Campionato de Fútbol Sala / Rubeisbol

22/12/2022 07:00
22/12/2022 09:15
Etc/GMT+2

Nas tres primeiras horas, os grupos de 1° e 2° de ESO participarán en dous campionatos, de fútbol sala e de rubeisbol. 

Torneo de voleibol

20/12/2022 14:20
20/12/2022 16:00
Etc/GMT+2

Na tarde do martes, o alumnado de 1°de Bacharelato participa nun torneo de voleibol. 

Saída a Miño de E2B e E2D

No día de onte, os grupos de E2B e E2D saíron de excursión á zona da Ponte de Porco, en Miño e aproveitaron para baixar á praia.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Saída de Miño

Asistencia a un partido do Campionato de España de baloncesto

08/06/2022 10:20
08/06/2022 12:15
Etc/GMT+2

O día 8 os grupos de 1º A e 1ºB acudirán a ver un partido de baloncesto no pavillón do Concello.

Distribuir contido