Educación Física

Iniciación ao piragüismo 1º ESO A e C

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15

ESO 1º C Martes 16:20 a 18:00

Esta semana, tócalle o turno para iniciarse no piragüismo aos grupos de 1º A e 1º C da ESO. Repetir que ésta é unha actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

Se premedes na imaxe podedes acceder á galería fotográfica onde se van engadindo as instantáneas que chegan do desenrolo da actividade.

 

Descubrindo a natureza próxima: Monte do Gato. 22 de outubro. 2º ESO A e B

 

monte do gato

 O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.

 

O luns 22 de outubro será o alumnado de 2º da ESO A e B quen disfrute da experiencia tras ser aprazada por mor da choiva o pasado luns 15

Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Pilar Vázquez Febrero e José Luis Gorrochategui Santos.

  Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.

 

 

 

 

 

 

Iniciación ao piragüismo 1º de ESO

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º D Xoves 10:40 a 12:20

ESO 1º B Venres 12:35 a 14:15

 

 

Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

 

Descubrindo a natureza próxima: Monte do Gato 17 de outubro. 2ºESO

 

monte do gato

 

 

 

 

 

 

O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.

 

Este mércores 17  realizarán a actividade o alumnado dos grupos C e D de 2º da ESO, o alumnado dos grupos A e B terá que agardar á vindeira semana tras aprazarse a saída do luns 15 por mor da choiva.

Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Marta Penalonga Chao e José Permuy Fraga.

Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.

 

 

 

 

surf

Un ano máis, coa coordinación de Edda Beltrán, o noso alumnado de 1º BAC iniciarase no deporte do Surf. Unha mañá completa (12 de xuño) na praia de Bastiagueiro coa guia de dúas escolas de surf  servirán como aperitivo para comezar a disfrutar de tan fermoso deporte.

Agardemos que o tempo mellore e que as olas permitan un perfecto desenvolvemento da actividade.

En total serán máis de 70 alumnos e alumnas os que participarán divididos en catro grupos e acompañados por catro profesores: Edda Beltrán, Leo Piñeiro, Chus Santamariña e Emilio Duque. 

Distribuir contido