Educación Física
Carreira Solidaria
O alumnado de E1 participa na Carreira Solidaria por Betanzos organizada polo CEIP Vales Villamarín.
Charlas Nutrición
Interesantes charlas sobre nutrición a cargo de Saúl Sánchez para o alumnado de 4º da ESO, que estiveron moi atentos e consultaron dúbidas alimenticias.
Piragüismo
Os grupos de B1A e de E4A foron hoxe practicar piragüismo.
Piragüismo
B1B
Campionato Provincial de Campo a Través
Vintesete alumn@s de 2º e 3º da ESO participaron no Campionato Provincial de Campo a Través en Porto do Son. E ademais de vivir unha xornada deportiva e de coñecer alumnado doutros centros, o equipo feminino trouxo consigo un trofeo polo seu 3º posto! Parabéns!
Campionato Provincial de Orientación
Nove alumnos e alumnas do noso IES participaron hoxe no Campionato Provincial de Orientación. Para algunhas delas, foi a primeira experiencia deste tipo e están desexando aprender máis sobre esta práctica deportiva.
Partidos organizados por Educación Física
O departamento de Educación Física organizou diversos partidos entre 1º e 2º da ESO e entre 4º da ESO e 1º de BAC para despedir este 2º trimestre.
Xogade - Fútbol Feminino
Equipos femininos de fútbol de 1º, 2º e 3º da ESO participaron nunha nova entrega do Xogade.
RCP nas aulas
O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º da ESO e 1º de BAC participou nunha formación sobre RCP e aprendeu sobre soporte vital básico e o uso do desfibrilador. Para iso, utilizaron o material cedido durante dúas semanas polo Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, que se sumou ao maniquí do departamento de Bioloxía.
Rocódromo- 2º ESO
Dous grupos de 2º da ESO realizaron prácticas de escalada no rocódromo de Lugo. Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de Proxectos de Vida Activa e Deportiva.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »