Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)

Campionato mixto de voleibol

19/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º de Bacharelato participou nun campionato de voleibol que se enmarca dentro do Plan de Vida Activa e Deportiva (Plan Proxecta) no que participa o departamento de Educación Física.

Xogade - Fútbol Feminino

19/12/2023
Etc/GMT+1

Varias alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO participan no Xogade de Fútbol Feminino, dentro do Plan de Vida Activa e Deportiva (Plan Proxecta) no que traballa o departamento de Educación Física.

Rocódromo- 2º ESO

18/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 2º ESO B e C foi ao rocódromo de Lugo, nunha actividade organizada polo Departamento de Educación Física, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva no que participa.

Campionato Intercomarcal de Cross escolar en Monfero

O IES Francisco Aguiar presentou equipo feminino e masculino en categoría cadete (2009-2010). Ambos os dous equipos clasificáronse para a fase provincial, que se disputará en Noia no mes de marzo. Os vencedores da proba foron Xiana Seijo e Ángel López. Parabéns!!

 

@Xogade

Pinchade na foto para ver máis fotografías do evento!

Resumo 2ª reunión Andorra

Achegamos información sobre a 2ª reunión da viaxe á neve a Andorra prevista para xaneiro de 2024 para todos aqueles que non puideron asistir (pinchando na imaxe, accédese á presentación).

2ª Reunión Viaxe a Andorra

21/11/2023 17:15
Etc/GMT+1

 

Unha vez recibidas todas as solicitudes de participación na viaxe á neve (Andorra) de alumnado de 3º da ESO, convócase aos proxenitores a unha segunda reunión para revisar a información e aclarar dúbidas.

 

 

Estadía en Manzaneda

25/10/2023
27/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de 1º da ESO participa nunha estadía en Manzaneda, na que goza de diferentes actividades coma tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...

Visita á cova do Rei Cintolo

17/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e de Xeoloxía de 2º de Bacharelato toman parte nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Todas as fotos aquí.

Iniciación ao surf

19/09/2023
Etc/GMT+1

 

 

 

Alumnado de 4º da ESO participa nunha saída na que a actividade principal foi a iniciación ao surf, unha experiencia única para todo o alumnado participante, que puido gozar dun día solleiro cunhas ondas ideais para comezar a mergullarse neste deporte tan de moda.

Surf en Bastiagueiro

O alumnado de 4º da ESO estreou as actividades complementarias deste curso cunha saída á praia de Bastiagueiro martes, 19 de setembro. A actividade principal foi a iniciación ao surf, unha experiencia única para todo o alumnado participante, que puido gozar dun día solleiro cunhas ondas ideais para comezar a mergullarse neste deporte tan de moda.

Damos as grazas á escola "After Surf" por todos os bos consellos que nos deron ao longo da mañá.

Máis fotos no Instagram e no Facebook do instituto!

Distribuir contido