Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Febreiro 19, 2019 »
Mar
Start: 19/02/2019 09:20
di k non

Di K Non. Prevención do consumo de drogas
Di K Non é unha experiencia educativa na que internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro na que comparten as súas experiencias con escolares galegos co fin de previrlles sobre o consumo de drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro, é unha experiencia pionera en educación que foi premiada no 2018 pola Fundación Galega contra ou Narcotráfico polo seu labor de prevención de drogodependencias entre os adolescentes galegos e o alto valor terapéutico educativo dos espazos libres de drogas dos centros penitenciarios, facilitando a reintegración social dos internos.
A primeira parte deste obradoiro tén lugar no Centro Educativo e consiste en:
- Unha representación dunha obra de teatro por parte dos internos;
- A proxección dunha montaxe de diapositivas;
- O testemuño da experiencia pola que pasou por parte dun dos
internos da Unidade, e
- Unha quenda de preguntas na cal os internos responden ás cuestións que se lles susciten por parte dos alumnos participantes

O horario da actividade, programada para todos os 4º da ESO, é de 12:35 a 14:15

Start: 19/02/2019 10:30
olgacuervo olgacuervo

Ás 10:30 o alumnado de 2º da ESO asistirá a unha sesión a cargo da contacontos Olga Cuervo.

Organizada por Elvira Castro do Departamento de Lengua Castellana.

 

Start: 19/02/2019 15:20
prevención cannabis

Charla para 3º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de drogas de síntese organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

ESO 3º B 16:20 a 17:10

ESO 3º A 17:10 a 18:00

Concello Betanzos
Distribuir contido