Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Outubro 22, 2018 »
Lun
Start: 22/10/2018 07:45

 

monte do gato

 

 

 

 

 

 

 

 

O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.

 

O luns 22 de outubro será o alumnado de 2º da ESO A e B quen disfrute da experiencia tras ser aprazada por mor da choiva o pasado luns 15

Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Pilar Vázquez Febrero e José Luis Gorrochategui Santos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Start: 22/10/2018 11:35
sex-point casco

Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo

Comité AntiSida da Coruña (CASCO).

De 12:35 a 14:15

Nesta primeira sesión tratarase o tema da:

DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL

Start: 22/10/2018 11:35

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15

 

Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.

Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.

Distribuir contido