Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Septembro 13, 2018 »
Xov

fotopasatempo

 

 

 

 A libraría Biblos dende o 5 ata o 30 de setembro, organiza unha mostra fotográfica titulada "O Pasatempo: patrimonio en perigo" con imaxes tomadas poloo alumnado de 3º da ESO titorado polo incansable José Manuel Rey Bao do Departamento de Educación Plástica e Visual. Quedades todos convidados a visitala.

 

 

 

 

 

biblos

 

 

 

 

 

 

ruas doentes
 
 
 
 
 
 
 
 
Na sala de exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo, do 10 ao 28 de setembro, expoñeranse fotografías baixo título xenérico de "Rúas doentes". Son traballos orixinais do alumnado de 3º da ESO titorados por José Manuel Rey Bao do Departamento de Educación Plástica e Visual. O horario da mostra será de 10:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados.
 
 
 
 
 
 
 
logo concello
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Autobús ABAU

Os días 12, 13 e 14 de Setembro terán lugar as probas de Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) na súa convocatoria de Setembro.

CALENDARIO XERAL ABAU 2018 e ACCESO CURSO  2018-2019

A empresa GILSANZ porá a disposición do alumnado un autobús gratuito para ir aos exames ( só ida).

 

Sairá da porta do Instituto ás 8.00h. do mércores 12 de setembro (lembra estar uns minutos antes para evitar retrasos ou mesmo perdas).

 

 

 

 

Distribuir contido