Horto escolar

TRABALLOS NO HORTO. PLANTACIÓN DE ALLOS. CURSO 2009/10

COMENZAMOS ESTE ANO OS TRABALLOS DO HORTO, COA  PLANTACIÓN DE ALLOS NO MES DE NOVEMBRO

 

Actividades levadas a cabo neste curso

!Este ano o noso horto está precioso!

horto no mes de abril 

O que outros anos case que era unha iniciativa particular estase a converter nun proxecto do que todos/as nos sentímos moi orgullosos.

Tiñamos un horto detrás do colexio atendido por un grupo  de nenos e nenas, pero vendo o ben que funcionaba  comezou a medrar.

Temos moito terreo pero como está moi inclinado vémonos obrigados a traballar en terrazas. A partires de aquí e con moito esforzo habilitouse unha zona  para o cultivo na parte máis alta e soleada do colexio.

 

   Horto no mes de abril

Nenos e nenas mostrando  a colleita

 

As tarefas que  alumnos/as e profes levan a cabo son: preparación do terreo, limpeza do mesmo, sementeira, estercado,  recolección e posterior venta.

Todo comeza con semilleiros que se fan de distintas hortalizas e verduras: repolos.  cabaciñas, leitugas de inverno, cenorias...  Tamén se plantaron nabos, tirabeques, fabas, verzas, escarola, espinacas, allos porros, ravos, cebolas, allos, acelgas e patacas...Agora estamos a sementar plantas aromáticas: melisa, xarxa, asubiote, menta, romeo e tamén algunhas flores. Emprégase para os semilleiros recipentes de refugallo como botes de iogures, botellas baleiras, etc.

 semilleiros recen palntados nos botes de iogures    

carteis das distintas sementes   

Aprendemos moito e estamos moi orgullos da nosa colleita: queres ve-la. Galería fotográfica

Powered by Drupal - Design by artinet