Un día adicado a poesía e ao amor. Os finalistas foron obsequiados cun diploma acreditativo así como un presente moi especial. Grazas a todas por participar !!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do recitado dalgúns poemas deste día tan especial.
Este 8 de marzo celebramos o día da muller. O cadro de Leandro Lamas" Matrioskas" adicado as mulleres foi o cadro adaptado para tal fin , baixo o lema " Dende as grandes ás pequenas mulleres pioneiras" .
Dende as clases, ao longo da semana, traballaron diferentes mulleres importantes: Wangari Matthai, Silvia Early, Concepcion Arenal, Gloria Fuertes, Chus Lago, Andrea Mariño... entre outras foron representadas baixo o símbolo da muller.
O 24 de febreiro festéxase o día de Rosalía de Castro, muller representativa de Galicia e poetisa admirada. No Frian non queríamos deixar pasar a oportunidade de rendirlle homenaxe. Todo o alumnado escribiu o seu poema mais coñecido
"Adeus ríos, adeus fontes" para crear un mural conmemorativo. Quedou moi vistoso e foi un traballo colaborativo de todo o alumnado dende infantil a primaria.
Ademais interpretamos un rap deste mesmo poema , cantado polo alumnado de 6º e que despois foi traballado por todo o alumnado elaborando pictogramas representativos do mesmo. Fixemos un lipdub todos xuntos.
Encantounos o resultado!!!Feliz día de Rosalía!!!!