Saídas

Saídas

CAMIÑO A CAMIÑO 2022

Camiño a Camiño 2022

O venres 3 de xuño , co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente , o alumnado de 5 de primaria participou no programa de Educación Medioambiental Camiño a Camiño 2022 levado polo Concello de Vigo.

Ademais de recordarnos a importancia do cuidado do noso planeta, aprendemos cómo reciclar o aceite, qué se fai cos plásticos e vidros reciclados e tamén, 

cómo especies invasoras estan a roubar espazo ás autóctonas.

Pero ,pouco a pouco , a zona da Etea está volvendo ser un lugar , dun encanto especial , onde a recuperación de especies  animais e vexetais do  noso Municipio é un dos primeros obxectivos deste Concello e para iso, quén mellor  ca nós para axudarlles neste labor.

VISITA NATURNOVA

Hoxe o alumnado de 4° de Primaria estivemos en Naturnova. Todas as salas que visitamos sobre o Universo, as enerxías renovables, o fondo marino, os residuos humanos, etc foron moi interesantes.

Repetiremos seguro! 

SAÍDA ECOPARQUE MARÍN

O xoves 19 de maio, o alumnado de 3º e 4º de Primaria estivemos no EcoParque de aventuras de Marín gozando dun día moi divertido.

Convidámoste a ver o que fixemos:

OBRADOIRO DE CIENCIA COA UNIVERSIDADE DE VIGO

obradoiro ciencia

O venres 18 de marzo, 5º e 6º de primaria fixemos unha saída ao Berbés para asistir a unha expo-feira baixo o nome: "A ciencia que vén ten nome de muller". 
Esta actividade estivo organizada pola Universidade de Vigo e consistiu nun roteiro de doce obradoiros, onde o alumnado experimentamos, aprendemos e sobre todo divertímonos coa ciencia.
Desde a elaboración de photoshop, pintura rupestre, análise de ADN, observación de animais e fósiles incribles.
Estes obradoiros abarcaron todo o campo científico: tecnoloxía, medio ambiente, saúde e benestar, patrimonio e economía.
Desta experiencia sacamos unha clara conclusión: as nenas podemos igual que os nosos compañeiros, os nenos, realizar todo tipo de tarefas relacionadas coa ciencia e podemos, se queremos, ser auténticas e auténticos científicos e científicas.
 
 
Queremos dar as grazas dende o cole Frian á Universidade por esta experiencia inesquecible e por acercar a ciencia as nosas vidas.
Grazas UVigo !

CONCERTO DIDÁCTICO

CONCERTO 1

Hoxe, 7 de abril, o alumnado de 4º de Primaria fixemos unha visita ao Concello onde estivemos gozando da nosa música tradicional e da nosa historia da man dos excelentes músicos da ETRAD.

Fixéronnos participar e bailar.

Que ben o pasamos !

CONCERTO 2

 

CONCERTO 3

Powered by Drupal - Design by artinet