Skip to Content

Encontro en Reus

Encontro en Reus

3º DÍA: A MAREA LARANXA TOMA BARCELONA

O día de hoxe foi adicado a Barcelona.

O primeiro que visitamos foi o Parque Güell, que tan ben foi explicado no Centro Gaudí de Reus.

Como podedes ver nas imaxes este parque é moi visitado por turistas de todo o mundo.

A seguinte parada foi no Centro Social Cosmocaixa (no distribuidor pódese ver unha reprodución impresionante  dunha árbore amazónica chamada Aquaricuara) onde poidemos ver unha recreación dun bosque Amazónico, unha exposición de Dinosaurios e unha sala interactiva con  multitude de fenómenos físicos.

A continuación fixemos un percorrido pola Barcelona Modernista. Destacamos o momento da chegada a Sagrada Familia que foi realmente emocionante e por suposto inmortalizamos o momento.

sagrada familia

 

E por último antes de viaxar cara A Marinada, a moción popular,  visitamos o Nou Camp (os madridistas e celtistas estaban dacordo).

Camp Nou

 

Para rematar o día, despois da cena, excursión ó porto de Cambrils a pé, nada cinco quilómetros para rematar o día.

E por fin o descanso do guerreiro, ata mañá

.

2º día en Reus

Despois dun sono moi reparador e dun bo almorzo partimos cara a Reus para visitar o cole Joan Rebull (colexio dos nosos socios de Reus). Alí nos estaban esperando para participar nunha clase con eles ensinarnos o edificio e realizar xogos no patio.

 

Despois dun par de horas, acompañados dos demais socios, fomos ó "AJUNTAMENT" (Concello) de Reus onde nos estaba esperando á "REGIDORA" (Concelleira) de Educación. Levounos a sala de plenos e contounos moitas curiosidades desta cidade.

 

O seguinte foi visitar o Centro Gaudí. A visita resultou extraordinaria. Foi moi entretida, aprendemos moito sobre este excepcional arquitecto, sobre todo de dúas das súas obras maestras: A Sagrada Familia e o Parque Güell.

 

Por fin chegou o xantar nun parque preto do colexio, os amigos /as de Reus invitaban. Cada un dos nenos/as do cole anfitrión levaban a comida para os seus novos amigos/as, resultou unha experiencia estupenda. Neste parque fixemos xogos sonoros. Cando rematamos todos xuntos fomos tomar un xeado e visitar unha exposición moi curiosa sobre algunhas peculiaridades das festas de Reus.

 

 

Moitas grazas ó cole Joan Rebull por atendernos tan ben.

VIAXE E PRIMEIRO DÍA EN CAMBRILS (ENCONTRO EN REUS)

Por fin chegou o gran día para o alumnado de 6º . Todos e todas estaban nerviosísimos/as. Chegaron ás seis da tarde e unha marea laranxa, en compañía do noso ben querido Frianciño, súbese ao tren para visitar ós nosos compañeiros e compañeiras do Proxecto Arce.

estación

Momento da saída

 

A continuación podedes ver algúns momentos  da viaxe.

As butacas eran moi cómodas, as ceas eran estupendas pero...non había moitas gañas de durmir.

 

 

Ben cediño chegamos ó Camp de Tarragona, alí  esperábanos un autobús que nos levaría á Casa de Colonias Marinada. E...sorpresa, os compañeiros e compañeiras de Alcázar de San Juan xa estaban esperando.

Repartimos as habitacións, tomamos un almorzo e rapidiño para a praia...que boa estaba a auga!!!!! Despois tocaba repoñer forzas e pola tarde á piscina.

A media tarde, chegaron os amigos/as de Gijón. Pola noite festa de benvida cos compañeiros/as de Reus. Por fin cara a cara, intercambio de agasallos e moitas cousas que contar.

PREPARANDO A NOSA VIAXE

O 25 de setembro ás 6 da tarde sairemos cara a Reus (estación de Camp de Tarragona) dispostos a coñecer, en persoa, aos amigos dos nosos colexios asociados.

Distribuir contido


by Dr. Radut