Encontro en Reus

Encontro en Reus

RESULTADO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ENCONTRO EN REUS"

Hoxe día 14 de novembro fíxose público o resultado do Concurso de Fotografía "Encontro en Reus

 Grazas aos internautas que participaron na votación!!o

En todas as fotografías  había detalles moi significativos da semana pasada na Comunidade Catalana. Os motivos das fotografías foron moi variados cunha  calidade digna de profesionais. Debemos  comentar o éxito de participación nas votacións e o discutido que estivo ata o final. As tres fotos mais votadas foron:

1ª PREMIO

FOTO: O BOSQUE MEDITERRÁNEO

AUTORA: XIOMARA LEIRÓS (6ºB)


bosque mediterraneo

2ª PREMIO

FOTO: CAMBRILS, CASA DE COLONIAS

AUTORA: ANA MONTULL (6ªA)

CASA DE COLONIAS

3ª Clasificada

FOTO: PRAIA LARGA

AUTORA: XIOMARA LEIRÓS (6ºB)

praia larga

 

Olga (directora) e Elisa (xefa de estudos) foron as encargadas de repartir os agasallos deste concurso. Houbo para todos os/as participantes  diplomas, pequenos recordos e sesión fotográfica.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ENCONTRO EN REUS (ARCE)

Os nosos alumnos e alumnas, cámara en man, retrataron: arte, construccións, exposicións, natureza, xogos, ...

A continuación podedes ver as fotos participantes no concurso do Encontro en Reus. Antes de votar debes velas todas e fixarte no número e no nome, para logo votar. 


 

Tes quince días para realizar o teu voto, desde hoxe 26 ata o 10 de novembro.

Concurso de fotografía: Encontro en Reus

camara de fotos

 

Os obxectivos desta actividade é recordar, entre todos e todas as/os participantes no Encontro en Reus (proxecto Arce), aqueles momentos que quedaron inmortalizados coa nosa cámara de fotos.


Estas son as BASES do concurso: 

  • O tema proposto é Encontro en Reus (Proxecto ARCE)

  • prazo para entregar as vosas fotografías remata o  25 de outubro.

  • Cada alumno/a poderá participar cun máximo de 3 fotografías.   

  • As imaxes irán nomeadas do seguinte xeito (lugar_onde_foi_tomada_a_imaxe_pseudónimo.jpg

  • Forma de entrega: A través do correo electrónico, á dirección:

     concursosfrian@gmail.com

 

  • As fotografías enviadas formarán parte dun artigo na páxina web do colexio, onde poderán ser votadas polos internautas dende o 26 de outubro ata o 10 de novembro.

  • A tres fotografías máis votadas serán publicadas na nosa páxina web e os seus autores/as terán un pequeno agasallo.

5º DÍA. DERRADEIRO DÍA E VIAXE DE VOLTA

A primeira hora, despois de almorzar, tocou facer as maletas, canto custou!... non cabía nada. Parecía que a roupa medrara. Despois de conseguilo, marchamos cara Á praia para darnos o derradeiro baño no Mediterráneo. Cando rematamos de xantar e descansamos un pouquiño, tocou despedirnos da piscina e dos compañeiros/as.

despedida

 

Quedamos os últimos na casa de colonias e aproveitamos para facer as derradeiras fotos, que nos axudarán a non esquecer o noso paso pola Marinada, antes de coller o bus que nos levaría a estación de Camp de Tarragona

 

Ás 9 do serán comenzou a nosa viaxe que nos levaría de volta a casa

estación

E despois de 14 horas de viaxe, as 11:30, chegabemos a Guixar, alí esperábannos os pais, nais e demáis familiares cunha pancarta. Unha benvida en toda regra, non pensades????

recibimiento

E con esto damos por rematada a nosa viaxe.

4º DÍA: VISITANDO UN BOSQUE MEDITERRÁNEO

Un dos obxectivos  do noso proxecto "Un bosque para leer y navegar" é coñecer os bosques autóctonos das comunidades asociadas. Esta vez como estamos en Reus toca estudar "O Bosque Mediterráneo". Para achegarnos a este bosque o colexio anfitrión deste encontro seleccionou un lugar cun encanto e riqueza extraordinario, como poderedes ver o longo do seguinte artigo.

O lugar elixido foi O Espazo Natural protegido  Punta de la  Mora, tamén chamado bosque da marquesa. É un dos poucos bosques mediterráneos que quedan intactos. Nel podemos ver: sabina, margalló, carrasca, pino mediterráneo, olivos, ardillas...

Despois dunha viaxe curta en bus, facendo un precorrido pola cidade de Tarragona chegamos en autobús a Praia Larga, chámase así por ser unha das praias máis largas de Tarragona, tres quilómetros de precioso areal.

Todos os socios da agrupación xuntámonos no inicio desta praia e puxémonos a camiñar ata o final. Temperatura excelente e unha augua cristalina. O final da praia atópase o espazo natural elixido polo que transcurriría o noso paseo, ata completar 6 quilómetros de camiñada. Rematamos na praia de la Mora.

 

O paseo foi sinxelamente espectacular, como podedes ver nas seguintes imaxes.

 

Voltamos a comer á Marinada todos xuntos, onde nos despedimos dos nosos amigos/as de Reus, por suposto houbo choros, moitos choros, non podía ser doutro xeito.

Mañá venres, derradeira xornada, tocará despedirnos do resto da expedición, facer maletas, etc

Powered by Drupal - Design by artinet