Convivencia

Convivencia

Traballos en familia

Xa temos polos corredores do colexio as primeiras vidreiras feitas en familia. Mirade que orixinais e fermosas!

E máis traballos en familia!


>

DÍA DA PAZ 2015

Dende Frian, grazas, Malala!

 

Durante dúas semanas, todo o colexio, organizado polo Equipo de Convivencia, estivo a traballar neste mural colaborativo. Cada aula de primaria fixo unha interpretación libre do busto de Malala; mentres, Educación Infantil, preparou en versión pictograma a súa frase máis famosa:

"Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"

                                                                                                                                                                                                         Malala Yousafzai

 

 

Carteis dixitais realizados polo alumnado das aulas abalar (5º e 6º), co gallo do Día da Paz 2015 e tendo coma inspiración a Malala.

BO NADAL DENDE FRIAN!

A Comunidade Educativa do Ceip Frian-Teis

deséxavos un Bo Nadal en familia!

POSTAL

 

                                                                                                                                                                                                                   

Esta postal foi feita entre todo o alumnado do centro, coordinada dende o equipo de convivencia, queres ver como a fixemos?

Bota unha ollada!

OBRADOIRO DE IGUALDADE 6º DE PRIMARIA

O martes 16 de decembro, xa preto das vacacións de Nadal, o alumando de 6º participou nun obradoiro de Igualdade. Falamos de desigualdade, estereotipos,desigualdades, marxinación...Fixemos varias actividades, entre elas, analizamos anuncios publicitarios.

Obradoiro de prevención da drogodependencia

Durante os luns do mes de novembro, e o primeiro de decembro, o alumnado de 6º desenvolveu un obradoiro sobre drogodependencia, organizado dende o equipo de Orientación.

Durante estas sesións tratamos temas de máximo interese. Coñecemos, a través dunha experta, distintos problemas que poden ocasionarnos  adicciones ó alcohol, á droga e ó tabaco. Escoitamos, falamos, comentamos, visionamos vídeos, pintamos...

Un obradoiro ben interesante.

Powered by Drupal - Design by artinet