Foi nova...

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTE INICIO DE CURSO

EXTRAESCOLARES EXCURSION OUTONO

OFERTA DE ACTIVIDADES

EXTRAESCOLARES (ANPA)

ENCONTRO EN REUS

(ARCE) nuevo

1º día

2º día

3º día

4º día

5º día

ESCOLMA DE ACTIVIDADES

PARA ESTE OUTONO

UNHA GRANDE EMOCIÓN

Hoxe 16 de setembro foi un día inesquecible. Corría un rumor que foi medrando e que falaba dunha festa sorpresa. Mais ninguén era capaz de dicir con claridade o porqué de tal feito.

Á unha saímos ao patio e empezamos a berrar ALFONSO, ALFONSO, ALFONSO!!! Era a despedida do noso benquerido director porque se xubila. Quixo dicir unhas verbas e non foi quen de facelo porque un nó na gorxa e bágoas nos ollos impedíronllo.

Tamén no patio aboiaba a emoción e as miradas humedecíanse. Todos os sectores da comunidade educativa fixémoslle a despedida con moito agarimo e co corazón un pouco encollido, todo hai que dicilo.

Márchase ALFONSO, o noso director durante 20 anos, o noso capitán, mais non nos treme o pulso porque as pegadas que deixou son fondas e márcannos o camiño a seguir. Vaise ALFONSO pero segue entre nós.

Déixanos o guerreiro que puxo durante toda unha vida alma, corazón e peito na loita pola calidade educativa, na batalla polo ensino público. Vaise o director, o mestre, o compañeiro, o amigo, a persoa que fixo do servizo e da dedicación ao ensino a súa bandeira. Non debemos ter medo porque o rumbo a seguir está marcado. Grazas ALFONSO. Esperamos que poidas dalgún xeito recuperar as horas que lle quitaches a túa familia, aos teus amigos e amigas.

Esperamos que poidas gozar nas novas xeiras que emprendas.

Sabes que non te vas de baleiro. A túa obra está connosco e vai seguir sempre nos nosos corazóns.  GRAZAS, MOITAS GRAZAS!!!

Texto de Victorio Blanco

 

Agora podedes ver algúns momentos desta despedida:

SOMOS NOVA

O venres 9 de setembro no Atlántico Diario xurdiu a seguinte nova sobre o noso colexio.

Se queres saber máis visita o seguinte enlace:

http://www.atlantico.net/noticia/154096/alumnos/frian/libros/

NOVIDADES PARA O VINDEIRO CURSO 2011/12

1. Ao abeiro do Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras e dentro do marco das actuacións que está a desenvolver a Consellería de Educación  para o fomento do plurilingüismo nos centros educativos temos que comentar as seguintes novas  en relación  a lingua inglesa :

 ABALAR

  

2. Continuidade do noso centro na rede  Abalar e dotación de dúas novas Aulas Abalar (dotadas con amplo material tecnolóxico correspondentes a 5º de primaria)

 libro doxital

 

 3. Seleccionados pola Consellería para participar na experiencia piloto de emprego de libros dixitais en 6º de primaria para o curso 2011/12

Powered by Drupal - Design by artinet